20 de novembro: Día Universal do Neno

Hoxe conmemórase o Día Universal do Neno, que cada ano recorda a firma da Convención sobre os Dereitos do Neno (1989). Neste Día, UNICEF España quere alertar sobre a desnutrición infantil, que está detrás de 1 de cada 3 mortes infantís.

Neste aniversario,UNICEF España quere poñer o foco no dereito á supervivencia e o desenvolvemento, un dos dereitos fundamentais da infancia que rexistrou avances notables, como a redución da mortalidade infantil nun 41%. Non obstante, aínda morren 19.000 nenos ao día por causas que podemos evitar. 6.400 deles morren por causas relacionadas coa desnutrición.

a importancia de rematar coa desnutrición

180 millóns de nenos menores de cinco anos sofren desnutrición crónica, o que lles pode producir danos irreversibles no seu desenvolvemento.Ademais, 20 millóns de nenos sofren desnutrición aguda grave, o que os coloca en risco de morte se non reciben atención. Acabar coa desnutrición infantil é vital para poder cumprir a maioría dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM). Ademais, o investimento en nutrición é unha das máis rendibles que se poden realizar, xa que pode acelerar o crecemento económico e axudar a millóns de persoas a saír da pobreza.

Entrega no Senado dun Manifesto elaborado por nenos e nenas

Os nenos Dario Gómez, Lucia Arias, Aitor Martin eLucia Minguez, alumnos de secundaria e membros do Consello de Infancia de Segovia, entregan hoxe no Senado o Manifesto de Málaga onde piden aos políticos que os escoiten e que as súas opinións e ideas se teñan en conta. No Senado, foron recibidos polo Vicepresidente da Institución,Juan José Lucas, así como Senadores dos distintos grupos parlamentarios representados na Cámara. No acto tamén estivo presente a Presidenta de UNICEF España, Consuelo Crespo, quen afirmou que estar no Senado é unha "forma magnífica de celebrar o Día do Neno", xa que é "símbolo de participación". Pola súa banda, Juan José Lucasdirixiuse aos nenos e afirmou: "Satisfaime que esteades aquí, sodes os valores do futuro e a vosa voz é clave".

Primeiro Pleno infantil no concello de Madrid

En Madrid, o Concello celebra o seu primeiro Pleno Infantil no Concellocoa presenza da Alcaldesa Ana Botellae Dolores Navarro, Delegada da Área de Goberno de Familia e Servizos Sociais. Baixo o lema "A cidade que eu quero", 68 nenos de 5º e 6º de primaria de 9 centros escolares de Madrid defenderon as súas propostas para mellorar a cidade de Madrid en materia de transportes e infraestruturas, medio e servizos sociais, entre outros temas. Unha das nenas finalizou a súa proposta lendo un poema no que dicía que "os nenos queren que as súas voces sexan escoitadas". Ao inicio do pleno, o presidente do Comité de UNICEF Madrid, Manuel López de Miguel, fixo entrega á Alcaldesa do Diploma que recoñece a renovación de Madrid como Cidade Amiga da Infancia e resaltou o labor do Distrito de Villaverde, premiado no Certame de Boas Prácticas Municipais do Programa Cidades Amigas da Infancia, dentro da modalidade "accións innovadoras". O Presidente rematou a súa intervención resaltando: "Os nenos non só son o futuro. Son cidadáns xa, a día de hoxe, e debemos darlles un lugar activo no debate público. " Os voceiros dos tres grupos municipais, Pedro Zerolo (PSOE), María Prado de la Mata (IU) e Cristina Chamorro (UPyD), pediron que a alcaldesa tome en conta as medidas e recalcaron a importancia da educación, de escoitar e de traballar xuntos pola Infancia. Pola súa banda, Ana Botella pechou a sesión mostrando a súa conformidade coas formulacións dos escolares ao ser propostas de "sentido común".  

Podedes ver o vídeo do evento  aquí.

Actividades para celebrar o Día Universal do Neno

Ademais, en todo o territorio español se organizaron numerosas actividades coa infancia como protagonista. Nas comunidades autónomas de Andalucía, Castela-A Mancha, Castela e León, Comunidade Valenciana,Extremadura, Galicia, La Rioja e a Comunidade de Madrid, celebraransePlenos infantís con motivo deste aniversario. En Aragón, Baleares, Castela e León, Navarra, Canarias, Cantabria, Cataluña, Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid, Murcia, Navarra, País Vasco, La Rioja, Galicia e Principado de Asturias levaranse a cabo diferentesactividades como talleres, semanas ou xornadas especiais sobre os dereitos da infancia, co obxectivo de crear conciencia sobre a necesidade de ter presentes aos nenos e os seus dereitos en calquera contexto. Ademais, tamén se levarán a cabo actividades lúdicas e festas para celebrar esta importante data, en Cataluña, por exemplo edificio deTorre Agbar iluminarase de cor azulUNICEF, no País Vasco o 24 de novembro celebrarase a Festa dos Dereitos.Tamén en Aragón máis de 500 nenos celébrano cunha festa e en Galicia celebrarase no campo de Fútbol de Sada un partido entre os Veteranos de Sada e veteranos doDeportivo da Coruña. En Murcia os nenos do Colexio Mariano Aroca participarán nun programa especial sobre aCDN en cadea Ser Murcia e en Navarra terá lugar un concerto infantil no Planetario de Pamplona. En Baleares, Cantabria, Cataluña, País Vasco e Asturias, entre outros, realizarán actividades relacionadas coa campaña deUNICEF Cumpledías.