Día da Paz - CPI Tomás Terrón Mendalla

A clase de 1º e 2º de Primaria do CPI Tomás Terrón Mendaña, estamos traballando arreo para o día da Paz. Sabiamos que había un violentovirus circulando polo aire e démoslle forma. Nas nosas cartillas de vacinación comprometémonos a: coidarnos, respectarnos e regalar momentos de compañía, entre outros.

 

A medida que completamos a nosa cartilla de vacinación, conseguimos crear un mural, no que participamos todas, para dar a coñecer a situación ao resto do centro. Creamos unha vacina para acabar co virus: a pacifina, que entre outros compoñentes, leva: cariño, amor, bicos e apertas. No noso mural facilitamos un dosificador de pacifina, onde calquera que pase, pode coller a súa ración.

 

Mañá será un día de nervios e con moitas actividades na nosa escola, pero facer este mural xa foi toda unha aventura. E o  que nos queda...!! Grazas por lernos!!

Un saúdo de toda a clase!!

Post enviado por:

CPI Tomás Terrón Mendaña (O Barco, Ourense)