Contaxio: Un conto didáctico e emocional en tempos da COVID-19
‘Contaxio’ narra a viaxe polo dicionario desta palabra tan repetida actualmente e da súa relación coas demais
‘Contaxio’ é unha viaxe polo dicionario, para descubrir como se sente esta palabra e coñecer a súa relación con outras palabras como “medo”, “inxustiza” ou “pobreza”, pero tamén as oportunidades que lle brindan outras como “ vacina”, “medicina” ou “investigación”.
Este conto pretende sumar o seu grao de area para promover o dereito dos nenos, nenas e adolescentes á educación e a estar informados dos temas que lles afectan: un conto que fala da actualidade, das implicacións do coronavirus, un conto para a historia.
Promovido por UNICEF e a actriz e presentadora Lucía Regueiro, Amiga de UNICEF Comité Galicia, ‘Contaxio’ é un conto colaborativo escrito por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, e coa ilustración de portada do pintor Leandro Lamas.
Un amplo elenco de actrices e actores de Galicia participan nesta iniciativa poñendo a súa voz: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén e María Vázquez; ademais da realizadora Lucía Rodríguez.
Descarga o texto do conto en PDF
Que podemos aprender con esta actividade?
Este conto é ideal para nenos e nenas de Educación Primaria e primeiro ciclo de Secundaria, pero pode orientarse tamén a estudantes máis maiores.
Obxetivos de aprendizaxe
Coñecementos | Actitudes | Competencias |
---|---|---|
|
|
|

#educaCOVID19
O COVID-19 está a ter un impacto moi importante no dereito á educación de millóns de estudantes, nos docentes e centros educativos e nas familias. Requírense solucións innovadoras, recursos e tempo, pero tamén paciencia e boa vontade. Xuntos podemos superar este focho educativo e convertelo nunha aprendizaxe. Fagamos que todo saia ben!
Educación e coronavirus

07/09/2020
Saúdos sen contacto
O coronavirus está a cambiar moitas rutinas do noso día a día, pero que manteñamos a distancia física non significa que teñamos que perder unha das cousas que, sen darnos conta, únennos máis ás persoas que nos rodean: o saúdo. Imos elixir entre todos un novo saúdo para este curso escolar!
20/05/2020
Coronavirus: Ao despacho do director!
Da capacidade dos equipos directivos dos centros educativos para interpretar estes momentos incertos dependerá, en gran medida, o bo regreso ás aulas. É moita responsabilidade e non é tarefa sinxela.
20/05/2020
Cambios na convocatoria da 4ª edición de recoñecementos a centros referentes
A convocatoria de recoñecementos correspondente ao curso 2019-2020 viuse tamén afectada pola pandemia da COVID-19 e o peche dos centros educativos. Estas modificacións permitirán dar continuidade ao proceso co mínimo impacto nos centros involucrados no proceso.
13/05/2020
Máscaras para ir a clase
A Asociación Española de Normalización (UNE) publicou para a fabricación de máscaras hixiénicas. Coñecer estas normas será útil para os centros educativos no caso de que sexan necesarias na súa reapertura.
07/05/2020