Tifón en Filipinas: espazos seguros para os bebés e as súas nais

Post de Diana Varcancel, cordinadora de proxectos de comunicación de UNICEF España

UNICEF e os seus aliados puxeron en marcha espazos onde as nais e os bebés afectados pola devastación do tifón Haiyan poden retirarse para relaxarse e comezar o longo camiño cara á recuperación.

 

Antes, durante e despois do tifón Haiyan, as mulleres como a Sr.aYuzol gozaron a alegría e os desafíos que supón dar a luz.

Dende a chegada do tifón, moitas destas nais refuxiáronse en centros de evacuación. Algunhas quedaron viúvas despois da tormenta. Deron a luz os seus bebés nunha situación deperda, algunhas delas no medio dunha nova situación de pobreza. Algunhas son nais por primeira vez, outras non.

En alianza con Acción contra a fame, UNICEFpuxo en marcha tendas de campaña acolledoras para os proxenitores e os bebés, como a que utilizan a Sr.a Yuzol e Kathlyn para descansar. En Tacloban hai catro destas tendas, e unha delas encóntrase na municipalidade deDulga.
 

Axuda a Filipinas: os nenos poden xogar con xoguetes para o desenvolvemento

Estes espazos ofrecen ás nais e aos bebés unlugar limpo, seguro e tranquilo para recuperarse da conmoción que supuxo a tormenta, para que asnais aleiten e para que os bebés se relaxen e xoguen lonxe dos amoreados centros de evacuación ou dos refuxios onde viven agora.

Os espazos ofrecenactividades para que as nais e osbebés se sintan mellor. Traballadores locais ensinan ás nais exercicios de relaxación cos seus bebés. Os grupos de terapia axudan ás nais a compartir os seus sentimentos.

Mentres as nais aleitan sen tensións, os nenos menores de dous anos podenxogar cos xoguetes do conxunto para o desenvolvemento na primeira infancia.

Un paso importante cara árecuperación é que as nais comecen a procesar os seus sentimentos.

"As nais non tido tempo despois do tifón de expresar os seus sentimentos", explica a psicóloga de Acción Contra a Fame Nuria Díez Carrillo. "Estiveron demasiado ocupadas tratando de encontrar comida e auga para os seus fillos, de protexelos. Están exhaustas, asustadas e con estrés, e isto afectou a súa relación cos seus fillos".

"Todas as mulleres perderon persoas esenciais nas súas vidas, pero non tiveron tempo de asimilalo, continúa a Sr.a Díez Carillo. "Nas tendas de campaña teñen a oportunidade de realizar unha pausa por primeira vez, así que choran, e isto é bo para elas. "É bo que expresen os seus sentimentos e que os compartan con outras nais que están na mesma situación", engade. "Están a establecer un sentimento de comunidade, axudándose unhas a outras".

A Sr.a Yuzol di que cando chegou o tifón, subiu cara a unha casa máis alta para protexerse a si mesma e ao seu bebé por nacer. Kathlyn naceu no hospital público. "Eu estaba moi contenta de ter o meu bebé", di. Os pais do seu marido morreron a causa do tifón.