Sudán do Sur: unha carreira contra o tempo

Post de Ted Chaiban, director do programa de Emerxencias de UNICEF. 

É desgarrador ver a devastación sufrida pola xente de Sudán do Surdende o estalido da loita hai dous meses. Máis de850.000 sur sudaneses víronse obrigados afuxir das súas casas; os seus familiares foron asasinados ou feridos; perderon os seus fogares e os seus medios de vida. Máis de 150.000 abandonaron o país.Nenos que deberían estar a ir ao colexio quedaron orfos, perderon, atacaron e recrutaron por grupos armados. Mesmo os que permanecen coas súas familias viron cousas que non deberían ter visto, experimentaron unha violencia da que non deberían ter sido testemuñas. Centos de miles de nenos estándesprazados, vivindo á intemperie, enfrontándose á enfermidade e á desnutrición. Non teñen un lugar ao que ir e no que sentirse seguros. Non teñen un colexio que lles devolva unha sensación de normalidade. E por se isto non fose suficiente, a tempada de chuvias empezará dentro dunhas seis semanas. No mellor dos casos, as chuvias traen inundacións, pero con máis de 700.000 persoas desprazadas ao longo de todo o país -moitas delas acampadas en zonas que pronto estarán anegadas- estamos nunhacarreira contra o tempo paraprevir unha catástrofe. Estamos a chegar aos nenos e as súas familias con auga e saneamento. Ademais estamos a tomar medidas para elevar os pozos e as latrinas antes de que cheguen as inundacións.

Estamos a chegar aos nenos con servizos de saúde e nutrición. Estamos avacinalos contra enfermidades como o sarampelo, que pode ser rapidamente mortal en situacións como esta. Estamos a proporcionarlles lugares seguros nos que aprender e xogar, e estamos a reunificar os nenos separados coas súas familias. Estamos a traballar contra o reloxo para chegar a máis familias que necesitan a nosa axuda. Para iso necesitamos tersubministracións no terreo, antes de que a tempada de chuvias empece e faga as estradas intransitables.

Sudán do Sur: necesítanse fondos

Necesitamos fondos para que isto sexa posible. Necesitamos 75 millóns de dólares (uns 54 millóns de euros) para o noso traballo en Sudán do Sur, e ata o momento só recibimos o 15%. Non podemos logralo sen estes recursos. Podo asegurarvos que UNICEFfará a súa parte. Os membros do persoal de UNICEF que está a traballar en primeira liña son heroes. E non utilizo esta palabra por riba. Traballan noite e día, e a miúdo con gran perigo en lugares como Malakal, Bentiu ebor. En Malakal, onde o control da cidade era disputado entre as forzas gobernamentais e antigobernamentais, o noso persoal deixou a seguridade da base de Nacións Unidas para ir á cidade a conseguir subministracións esenciais dos nosos almacéns, mesmo cando estes almacéns estaban a sufrir saqueos.Hai oportunidades para Sudán do Sur. Os actores humanitarios uníronse dun xeito impresionante para poder proporcionar asistencia urxente á xente que máis o necesita. Con axuda dos nosos doadores, UNICEF e os seus aliados poden evitar unha traxedia maior cando chegue a tempada de chuvias. E a longo prazo, durante a miña visita formulei a necesidade de avanzar cara á reconciliación cos líderes políticos e da sociedade civil cos que me reunín. Débenlle ao pobo unha solución pacífica.