Por que son socio de UNICEF?

Por Marc Gericó, socio de UNICEF España.

Observei durante anos como, tanto as grandes empresas, coma os grandes despachos da avogacía dos negocios -sector ao que me dedico- realizaban actividades pro bono e de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) tratando de achegar ilusión, esforzo e dedicación a proxectos socialmente comprometidos e sen ánimo de lucro.

As Fundacións de Cuatrecasas, Garrigues, Fernando Pombo ou a Fundación Profesor Uría (do despacho Uría Menéndez) son algúns claros exemplos. Parecía que as grandes multinacionais querían devolver á sociedade parte do que a sociedade lles daba, pero ata que punto o cidadán de rúa está sensibilizado e disposto a ofrecer a súa axuda?Algúns dos meus amigos realizaron viaxes por Kenya e Tanzania involucrándose en causas sociais. Investían gran parte dos seus aforros nesas semanas que compartían xunto á sociedade africana. Narraban e describían en detalle o que lles transmitían esas miradas daqueles nenos indefensos, moitos enfermos, donos de nada... pero felices e sempre cun sorriso na boca. Era sorprendente... Meus amigos recoñecíano: "Estas viaxes transformáronnos a vida. Significan unha cura de humildade, moi necesaria en Europa Occidental, onde o ultra-consumismo abunda nos nosos comportamentos diarios". Dende 2008 eu xa colaboraba cunha ONG, pero non era suficiente. Non me sentía plenamente realizado. Necesitaba dar un paso máis cara a esa implicación social e agora síntome orgulloso. Así foi así como empezou todo.