II Congreso de Cidades Amigas da Infancia: alianzas e persoas

Post de Marta Arias, directora de Sensibilización e Políticas de Infancia de UNICEF España.

 
Foi un día e medio intenso. Un total de328 persoas de todos os cantos deEspaña (xunto con participantes vidos dende México, Chile e Portugal); 109 municipiosrepresentados; unha ducia de organizacións sociaise unha preocupación común: como facer que os municipios sexan espazos onde nenos e nenas vexan plenamenterespectados os seus dereitos. Como impulsar, no medio deste contexto complexo, alianzas de todo tipo para atender en particular as necesidades dainfancia máis vulnerable.

Tratábase do II Congreso Internacional do Programa Cidades Amigas da Infancia, unha iniciativa impulsada porUNICEF Comité Español á que se sumou dende as súas orixes aliadas de tanto peso coma o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade; a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Universidade Autónoma de Madrid (a través do Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia, IUNDIA).

É un proxecto do que forman parte xa oficialmente 62 municipios de toda España (os que teñen o selo que lles recoñece formalmente comoCidades Amigas da Infancia), aos que se suman outros moitos máis que foron recoñecidos polas súas boas prácticas, así como todos aqueles que se están a preparar para optar á acreditación o próximo ano.

En definitiva, un grupo cada vez máis amplo de municipios que comprenderon que apostar polos seus cidadáns máis novos non só redunda no beneficio dos nenos, senón que converte ás cidades nun espazo mellor para todos.

Compartimos experiencias, preocupacións e proxectos. Arrancamos coa inspiración do filósofo e pedagogo José Antonio Marina, quen nos recordaba, parafraseando o proverbio africano, que "para respectar e protexer un neno, tamén fai falta a tribo enteira".
 
Noutras palabras, Liliana Ortiz dende México corroboraba na súa experiencia a mesma idea: non só os gobernos, tamén as familias e a sociedade civil no seu conxunto (incluído o sector privado), deben asumir o reto e a responsabilidade de protexer os dereitos de todos os nenos e nenas, implicándose dende o seu ámbito de actuación para facelos realidade.

Falamos, sobre todo,de persoas e alianzas. Persoas que marcan a diferenza, polo seu compromiso, o seu entusiasmo e a súa capacidade de afrontar calquera reto. Cando estas persoas se encontran nos postos de máxima responsabilidade (alcaldes e alcaldesas neste caso) todo é posible. Pero, por moi comprometidos que estean, por moito poder que teñan,eles sós non poden.

AS ADMINISTRACIóNS, NUNhA POSICIÓN DE LIDERAZGO

Nunha situación como a actual, resulta cada vez máis difícil para os municipios dar resposta a todas as necesidades que afrontan os seus cidadáns. Por iso as alianzas son imprescindibles. Partindo, iso si, dos roles e responsabilidades de cada un. E coasadministracións nunha posición inequívoca deliderado, recuperando a súa capacidade de mobilizar os veciños a favor dun obxectivo común.

Iso é precisamente o que dende UNICEF Comité Español queremos formular co noso proxecto ALIA: Alianzas Locais pola Infancia e a Adolescencia. Con el pretendemos apoiar ás Cidades Amigas da Infancia no seu afán por mobilizar a todos os actores do municipio para mellorar a situación dos nenos máis vulnerables. Se somos capaces de manter o espírito e o entusiasmo destes dous días, lograrémolo seguro.

Toda a información sobre o Congreso, celebrado o 25 e 26 de novembro enCaixaForum Madrid, está dispoñible enwww.congresocai.wordpress.com