A historia da fame pódese cambiar

Post de Lorena Cobas, Responsable de Cooperación e Emerxencias de UNICEF España

Despois dun ano de historias de fame, de conflitos, de familias loitando por sobrevivir no Corno de África, das que puidemos ser testemuñas a través da televisión e os medios de comunicación, temos que render homenaxe ás historias de superación, de loita e de supervivencia, que teñen caras e nomes.
Unha resposta humanitaria sen precedentes, un gran compromiso dos profesionais que alí traballan, un grande apoio dos doadores e unha tempada favorable de chuvia deixáronnos historias de esperanza.

En Turkana, ao norte de Kenya, unha das zonas máis afectadas pola seca e a desnutrición, Jimmy Loree (xefe de enfermaría da instalación de saúde deTurkana) conduce 23 Km para chegar aNakalale, un pobo remoto e de difícil acceso. Trátase dunha viaxe relativamente curta, pero quemarcou a diferenza entre a vida e a morte de miles de nenos das poboacións nómades. "Estas poboacións son moi pobres e se non nos achegamos a levarlles o tratamento médico que necesitan, eles se terían apartado do seu camiño en busca da auga, e hai meses que terían morto".

A finais do 2011 as taxas de desnutrición aguda nesta rexión baixaron do 37% a un 13%(por debaixo do albor da emerxencia), o que indica que chegar ás familias no seu ámbito e culturamarca unha diferenza real.  

EnEtiopía, a Berida, unha muller moi delgada e con aspecto consumido, xa só lle quedan cinco cabezas de gando das 40 que tiña. A seca foi matándoas pouco a pouco e as que aínda ten estanse a morrer. Ademais, estaba preocupada pola saúde de Firdoze, a súa filla menor, que sufría desnutrición aguda grave. Grazas a Kalidan Yimam, esta historia cambiou de rumbo. Kalidan é un traballador de saúde que facía controis nutricionais casa por casa, e que deseguida se decatou da situación desta nena, e levárona ao posto de saúde. Alí comezou o tratamento terapéutico, só en dúas semanas gañara un quilo. "Tiña moito medo de que a miña filla morrese. Kalkidan veu a vernos e a miña filla sobreviviu. Non se pode imaxinar o feliz que estou", diBerida.

 EnSomalia, Binto levou a súa filla de dous anos a unha clínica infantil en Waberi porque tiña sarampelo. "Despois de recibir tratamento con antibióticos e vitaminas séntese xa moito mellor". O máis importante é que levou os seus seis fillos á clínica para que recibisen a vacina, porque non quere que ningún dos seus fillos caia enfermo. Fixo moi ben, porque o sarampelo é mortal nun país como Somalia.

No ano 2011 houbo uns 18.000 nenos que sufriron esta e outras enfermidades prevenibles, pero que resultan mortais para a infancia. Bisharo, a filla deBinto recuperouse, e os seus irmáns forman parte xa do máis dun millón de nenos inmunizados contra o sarampelo para facer fronte ao seu destino.

 Despois de coñecer estas historias, e do que pode que sexa o maior logro, a declaración do fin da fame en seis zonas ao sur de Somalia, é inevitable pensar que se pode facer fronte a este tipo de situacións. Pero a crise está lonxe de rematar, aínda hai máis de 8 millóns de persoas que necesitan apoio urxentemente, entre os que hai 320.000 nenos con desnutrición aguda grave en Somalia. Estes son 8 millóns de motivos, con cara e nome, para seguir co noso compromiso con esta rexión do mundo.