"Este non é o mundo que queremos"

Estas son as palabras que recollen o sentir dos máis de 300 delegados, todos eles mozos de 15 a 17 anos, procedentes de España, México e Ghana, que participaron no sexto encontro de SEKMUN, o modelo de Nacións Unidas que a Institución Educativa SEK xunto con UNICEF desenvolven todos os anos en Madrid para alumnos de ESO e Bacharelato de colexios nacionais e internacionais.

Estes mozos conviviron durante tres días para investigar, dialogar e alcanzar resolucións en problemas de actualidade, que os adultos aínda non fomos capaces de resolver, e que presentanun mundo que eles "non queren": nenos menores de 10 anos que viven na rúa ou expostos ao traballo infantil, a proliferación de armas de destrución masiva, incumprimento de dereitos humanos especialmente de inmigrantes,os conflitos en Sirya, Libia, a crise económica global, e outros temas que hoxe ocupan os titulares dos nosos xornais. Sorprendeume as habilidades que demostran estes mozos, en oratoria, en capacidade de debater con argumentos sólidos, en técnicas de negociación ante posicións encontradas propias de países con distintos intereses políticos e económicos, e un longo etc. que ano tras ano podo constatar en primeira persoa ao velos interactuar. Sen dúbida SEKMUN presenta unenfoque innovador do ensino, onde os mozos son os verdadeiros protagonistas, e que deixa unha pegada imborrable en valores tan importantes como a solidariedade ou a responsabilidade de cidadán global, aquel que debe pensar ao grande para conseguir un mundo mellor. Onte, na xornada de clausura, os alumnos dixeron ao unísono que se consideran uns afortunados por vivir unha experiencia que eles mesmos denominan "virusSEKMUN", posto que unha vez que o probas non desexas que remate, e que non o esquecerán no futuro.