#elviajedesuvida: que sentiron os protagonistas desta cámara oculta?
Imaxina que, durante unha tarde de compras, entras nunha tenda e, de súpeto, empezan a caer sobre ti moitos globos e confeti de cores. "Por ser o cliente 1 millón regalámosche a viaxe da túa vida!", diche un mozo que leva un micro na man e varias cámaras detrás.
Como en todos os grandes premios,
recibes un cheque enorme co que che fan unha foto
na que non podes saír máis riseira. Logo, lévanche a unha pantalla
para ensinarche os destinos da viaxe por toda
Europa que che tocou.
Ata aquí todo soa ben. Pero todo
cambia cando as fotos que ves na pantalla aos poucos empezan a
reflectir unha realidade moi distinta á dunha
viaxe de pracer: nenos que camiñan cargados con mochilas polasvías do tren, familias esperando a que abranvalos que parecen pechadas para sempre,tendas de campaña instaladas en calquera sitio...
En definitiva, as desgarradoras imaxes máis
repetidas durante esta crise de refuxiados.
#ELVIAJEDESUVIDA: UN TORBELLINO DE EMOCIóNS
Este bulebule de emocións foi o
que viviron os protagonistas da cámara oculta que
organizamos para nosa última acción de sensibilización:
#elviajedesuvida, co obxectivo de contar, dunha forma diferente, a
situación das persoas
refuxiadas e migrantes.
A todos elas querémoslles
agradecer o ben que reaccionaron, a empatía que mostraron e, sobre
todo, que nos permitisen compartir con todos vós as súascaras de sorpresa e dor ante as fotos que estaban
a ver.
Tan só unhas semanas despois de
gravar este vídeo, que xa está a percorrer todos osrecunchos da rede, contactamos con algúns dos seus
protagonistas para que nos conten como sentiron nese momento.
"Cando comecei a ver as imaxes
pensei que podería conter a emoción, pero
derrubeime. Non me esperaba reaccionar así". Son as palabras deNuria, á que aínda se lle saltan as
bágoas mentres falo con ela por teléfono.
#ELVIAJEDESUVIDA: "MAMÁ, iSTO PASA DE VERDADe?"
Algo parecido cóntanos Irene que
ademais engade que non sentiu enagañada en ningún momento. "A broma
paréceme absolutamente necesaria neste caso porque serve
para concienciar". Ao saír da tenda, a súa filla, que ía
con ela, preguntoulle: "Mamá, isto pasa de verdade?".
A Mena non fixo falta nin
chamala. Uns días despois da cámara oculta, ela
mesma comentaba en Facebook que vivira "unha das
experiencias máis vitais dos últimos anos ante uns descoñecidos".
"Tremíame a voz, sentía que se me encollía oestómago e que o corazón latexaba
con tristeza, case apagándose...", engadía no seu post.
E é que a situación dosnenos refuxiados e migrantes en Europa só produce
dor cada vez que vemos este tipo de imaxes. Datos como que cada día
morren 2 nenos afogados noMediterráneo, sacódennos as conciencias.
Non podemos esquecer a sensación
que nos deixa ver este vídeo, como tampouco a esquecerán os seus
protagonistas. Temos que aproveitar ese recordo para seguir pedindo
que se protexan os dereitos dos nenos refuxiados e migrantes por
encima de todo. Necesítannos!
Post escrito por Lara
Aparicio, storyteller de UNICEF España