Protexemos a mulleres, nenas e nenos da violencia de xénero en Uganda coa colaboración da Xunta de Galicia

A actuación para previr a violencia de xénero con refuxiados enmárcase no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdad

Uganda violencia de género Xunta de Galicia

24/11/2020

A Xunta de Galicia colabora connosco para facer fronte á violencia de xénero no asentamento de refuxiados de Bidibidi, Uganda, que na actualidade acolle a 232.722 persoas refuxiadas, das cales o 86% son mulleres e nenas e nenos.

Ademais das dificultades no acceso aos servizos de saúde, educación ou auga e saneamento ás que se enfrontan as persoas refuxiadas, en Bidibidi hai especiais focos de vulnerabilidade que requiren servizos de protección específicos.

Por iso, abordaremos os riscos de protección de maneira preventiva con actividades destinadas a lograr cambios nos coñecementos, as actitudes e as percepcións das poboacións de refuxiados.

Esta intervención busca prestar apoio ás nenas sobreviventes da violencia de xénero con traballadores sociais capacitados. Así mesmo, beneficiará a nenas e nenos en risco, a adolescentes, a pais, nais e coidadores, a líderes comunitarios e a provedores de servizos como policías ou traballadores sociais.

Os casos identificados recibirán unha resposta oportuna e apropiada de protección infantil multi-sectorial e/ou de violencia de xénero. Ademais da participación e mobilización da comunidade e os diálogos, a resposta inclúe:

  • A localización e reunificación das familias.
  • O apoio psico-social.
  • Os coidados alternativos.
  • A axuda individual e aos pais.
  • Unha resposta xurídica, médica e de seguridade para abordar adecuadamente as necesidades relacionadas especificamente coa violencia de xénero.

Farase especial fincapé na inclusión de homes e nenos durante as sesións de educación en grupo, con obxecto de que poidan ser modelos de conduta e levar unha vida responsable. Os homes e os nenos tamén participarán nas actividades de divulgación e mobilización da comunidade.