Desmutea
á infancia!

20 de novembro
DÍA DA INFANCIA

#desmutea

Actividade para celebrar o Día Universal da Infancia 

O Día da Infancia é unha data na que todos estamos invitados a reflexionar sobre os dereitos da infancia, os nenos, nenas e adolescentes, os primeiros.
Hai moitos temas que lles afectan directamente e que forman parte das súas preocupacións diarias: o dereito a un medioambiente saudable, o cambio climático e as súas inquedanzas sobre as enfermidades do futuro son algúns deles. Pero as súas voces queda as veces “en mute” porque damos prioridade ás opinións dos adultos.
Non poden nin deben permanecer en silencio ese día!

 

 

Guía de actividade

Esta actividade pode realizarse tanto na aula como on-line. Na guía da actividade atoparás pistas para o seu desenvolvemento.

 

Ademais, se vos interesa tratar a crise climática, a unidade "Escucha" do proxecto "La lección más grande del mundo"  pode ser de axuda

 

Compartide a vosa mensaxe

Para poder publicar a vosa mensaxe no taboleiro de Flipgrid da actividade, necesitas un código de acceso.

Consígueo enchendo este formulario

*Por que pedimos estes datos?:

Esta información axúdanos a mellorar o noso traballo:
  • Os datos de contacto sobre o voso centro permítennos darvos apoio, no caso de que o necesitedes.
  • Os datos sobre a actividade axúdannos a saber que temas preocupan á infancia e orientan as nosas propostas.
Grazas!

Sobre que temas elixiron traballar os alumnos e alumnas? *