Unha muller española loita contra a desnutrición en Mauritania

Por Diana Valcárcel, Coordinadora de Proxectos de Comunicación de UNICEF España

Hoxe non vou falar sobre nenos. Hoxe vou falarvos sobre unha muller. Na viaxe a Mauritania acompañounos unha especialista en nutrición de UNICEF. Chámase Inés Lezama, é española e seguro que non lle fai ningunha ilusións ver que escribo isto porque lle gusta traballar na sombra. Pero non podo deixar de facelo.

Cando unha encontra persoas tan comprometidas, profesionais, amantes da súa profesión, serias e boas compañeiras de traballo e de viaxe convértense nunha inspiración. Inés leva catro anos en Mauritania traballando duramente na loita contra a desnutrición no país.Ademais do seu traballo de oficina, no que planificacampañas de prevención da desnutrición, das súas reunións co goberno e con outras organizacións, do seu coñecemento do país e da súa cultura, vela nun centro de tratamento contra a desnutrición explicando o traballo de UNICEF é un privilexio. "Agora pesan o neno e mídeno para saber se está nas medidas axeitadas. Logo mídenlle o perímetro braquial. Neste caso, mira, está entre o amarelo e o vermello, que significa que está no límite da desnutrición moderada e grave. A Mohamed vanlle dar alimento terapéutico para que se recuperen e a partir de 2 semanas encontrarase mellor". O compromiso, a paixón, a seriedade, o coñecemento e a humanidade das persoas son as que fan de UNICEF unha grande organización e sobre todo, fan que cumpra a súa gran misión: que todos os nenos e nenas do mundo teñan cubertos os seus dereitos.  

Inés marcha agora a Camerún para seguir traballando pola mesma causa: rematar coa fame. Dende aquí desexámoslle toda a sorte.