Se se trata de crise, falemos de Mauritania

Por Gonzalo Fanjul, Investigador e Autor do blog 3.500 Millóns. Está a analizar varios estudos de caso para UNICEF España. Mauritania é o primeiro deles.

Con perdón dos europeos, se se trata de crise falemos de Mauritania. Unhas 700.000 persoas (ao redor dun cuarto da poboación total do país) encóntrase neste momento en situación de inseguridade alimentaria. UNICEF calculou que 90.000 menores de 5 anos padecerán desnutrición aguda ao longo deste ano, incluíndo 12.600 casos extremadamente graves.

A seca que castigou á rexión do Sahel en 2011 está a ter consecuencias desvastadoras na provisión de alimentos de familias e comunidades enteiras. É o segundo shock climático en tan só tres anos, o que significa que a crise de hoxe golpea unha poboación que xa era altamente vulnerable.

Por se fose pouco, o conflito armado que sofre o veciño país de Malí provocou un éxodo de refuxiados que afecta en parte a Mauritania. Nacións Unidas contabiliza ao redor de 70.000 refuxiados malienses na fronteira sueste do país. A atención da nova emerxencia non só supón unha distracción de recursos esenciais das axencias humanitarias, senón que ademais xera conflitos coa poboación local a propósito de recursos de recursos naturais escasos.
 
 

"as persoas e os animais compiten pola auga"

As poboacións malienses foxen das súas casas levándose os animais que constitúen a única propiedade de valor, o que supón unha sobrecarga para o pasto e os acuíferos das zonas de acollida. "Nos arredores do campo de refuxiados de M'Bera -dicíanos un responsable de UNICEF no país- as persoas e os animais compiten pola auga".

Non é unha, senón dúas crises. Crise que establece a diferenza entre a vida e a morte. Un simple paseo polos centros de nutrición que o Goberno, as ONG e as axencias internacionais manteñen nas zonas máis vulnerables do país (incluíndo os devastados suburbios de Nuakchott) axuda a poñer os problemas propios en perspectiva.

Os profesionais de saúde mauritanos sosteñen unha batalla épica contra a vergoña do noso tempo. As axencias humanitarias ás que visitamos, como a Axencia Española de Cooperación, vense obrigadas a tomar decisións extremadamente difíciles con recursos cada vez máis escasos.

Dende Mauritania, Dívar, Merkel e a prima de risco parecen tan pequenos...
 
Segue esta viaxe a Mauritania a través de   @GonzaloFanjul, @unicef_es e #viajemauritania.)