Mia Farrow: "Sen axuda inmediata non hai esperanza"

Post de Mia Farrow dende Chad  

Xa pasaron dous anos dende a última vez que visitei Mao, unha cidade afogada pola area na franxa do Sahel. Aquí a xente adoitaba cultivar e criar animais, pero todo cambiou. Non cae chuvia dende hai anos. Durante catro anos non se recolleron cultivos. Os animais están a morrer, e os nenos tamén. O mundo está a escoitar pouco sobre a emerxencia no Sahel pero, mentres escribo estas palabras, 1,1 millóns de nenos fan fronte á fame. Sen axuda inmediata non hai esperanza.

Despois de visitar un centro médico de emerxencia que atende a nenos con desnutrición,sentinme ben ao ver que UNICEFconta con subministracións de alimento terapéutico para tres meses. Pero tres meses non van ser suficientes. Estes nenos vulnerables son presa doada de enfermidades como o sarampelo, a meninxite, a cólera ou a polio. Durante a miña estanza en Chad, participarei no lanzamento dunhacampaña nacional de vacinación contra a polioxunto a aliados comprometidos coa erradicación desta terrible enfermidade, como Rotary, a FundaciónGates, a Organización Mundial da Saúde, o Centro para o Control de Enfermidades e a Cruz Vermella de Chad.