Isto é o que facemos

Post de James Elder, UNICEF en Sudán do Sur. 

Cada tema e cada profesión ten ideas falsas asociadas. Nocións simplistas que están fixadas no imaxinario das persoas. Os avogados son sospeitosos, os comerciantes chegan tarde, os "facebookeros" son volubles e os beneficiarios de axuda sempre están a esperar a que os seus doadores lles entreguen a axuda. E logo está a realidade. Aquí, no oeste de Sudán do Sur, preto da fronteira con Etiopía, a vida é dura. As temperaturas non ascenden a 50ºC. Son así a maior parte do día, todos os días. E non obstante, cando UNICEF e o Programa Mundial de Alimentos (PMA) chegaron e solicitaron establecer unha zona onde as subministracións vitais puidesen aterrar despois de ser lanzados dende o aire, máis de 50 homes ofrecéronse como voluntariosinmediatamente. En teoría parecía simple: despexar un espazo de terreo do tamaño de catro campos de fútbol. Na práctica, foi esgotador. Coa soa axuda duns mistos e uns machetes os homes tallaron árbores, arrastraron rochas e despexaron a maleza. O sol era implacable, pero os homes só descansaron tres veces. Dous para ir a por auga e unha vez para comer. Algúns tiñan zapatos, outros non. Ningún se queixou. "Isto é o que facemos", dixo Gatluak Wur. Logo regresou a despexar as malas herbas rebeldes. Segundo a ONU hai máis de 3,7 millóns de persoas en risco de escaseza de alimentos. Están expostos a enfermidadese a desnutrición aguda. Máis de 380.000 nenos fuxiron da seguridade dos seus fogares. 380.000. A fame perségueos. A desesperanza non.

Nunha carreira contra o tempo - un clixé que representa unha verdadeira advertencia sobre o perigo da cólera e a malnutrición - UNICEF e o PMA chegan hoxe aos que eran inaccesibles ata onte. E precisamente aqueles que eran inaccesibles, eses que se esconderan na selva fuxindo da guerra, estanse a mobilizar para asegurar que as subministracións cheguen aos que máis o necesitan rapidamente. A nova estratexia é complexa. É un reto entregaraxuda en tempos de conflito, máis aínda nun país que, mesmo en tempos de paz, contaba cunha limitada infraestrutura. Algúns traballadores de UNICEF e oPMA, incluído eu mesmo, voamos á cidade levando a nosa propia auga, alimentos e tendas de campaña. Competemos coa malaria e co verme de Guinea (un parasito que se encontra na auga e que subsiste ata un ano no corpo, antes de aniñar na pel). Para empezar a distribución, facemos un reconto das decenas de miles de persoas que se encontran ao longo de centos de quilómetros cadrados. Os que xa están formados vacinan os nenos contra o sarampelo e a polio. Outros avalían o seu estado nutricional. Algúns nenos son derivados a centros, outros reciben tratamento de emerxencia. As subministracións de UNICEF que non pode ser lanzado dende 500 metros (como vacinas, equipos de educación, auga e kits de hixiene) chegan en helicóptero e son descargadas. As familias son rexistradas. Os mozos son formados para dar apoio. Os que estaban capacitados previamente vacinan os nenos, mentres que outros falan cos desprazados para ver se hai nenos que foron separados dos seus pais.

A calor comeza a dar un respiro. Os voluntarios senten compaixón. Helicópteros e avións de carga fan lanzamentos aéreos, centos de toneladas caen do ceo; máis voluntarios mobilízanse. Non hai camións. A distribución comeza. Levará varios días. Aínda que poucos sursudaneses están capacitados para cambiar o actual curso caótico dos acontecementos, todos están ansiosos por botar unha man. "Sempre falabamos, e con razón, da terrible situación á que se enfrontan mulleres e nenos," di o representante de UNICEF en Sudán do Sur, Jonathan Veitch, pero a miúdo isto implica ser vítimas inertes. Agora este non é o caso. A xente quere formar parte do seu futuro, quere contribuír. O noso traballo é asegurar que poidan. "