A infancia dentro da axuda española

Por Sara Collantes, Responsable de Seguimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) de UNICEF España  

Durante os próximos meses, o Goberno español debe elaborar o novo Plan Director da Cooperación española, que vai definir o modelo da Axuda Oficial ao Desenvolvemento nos próximos catro anos. Un período que vén marcado por unha severa austeridade presupostaria. Procesos similares estanse a levar a cabo nalgunhas Comunidades Autónomas, igualmente afectadas polos impactos da crise.

os nenos, un dos principais destinatarios da Axuda Oficial ao Desenvolvemento

Dado que aAxuda Oficial ao Desenvolvemento é unha peza fundamental para garantir os dereitos da infancia no mundo, UNICEF esfórzase por poñela en valor tanto a nivel social como a político.UNICEF pretende contribuír ao proceso de planificación en curso, chamando a atención sobre a necesidade de dar prioridade á infancia na política española de cooperación. A pesar de que a metade da poboación do mundo en desenvolvemento son nenos e polo tanto, constitúen de facto un dos principais destinatarios daAxuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD), a infancia non recibiu nunca unha atención prioritaria.Tampouco existen mecanismos específicos que aseguren que todas as intervencións e proxectos apoiados pola cooperación española conciben e executan tendo en conta os dereitos dos nenosnin se coñece a cantidade exacta de fondos que España destina á infancia.

Dous novos informes propoñen que os nenos sexan prioridade

Para este traballo,UNICEF conta coas análises e propostas concretas que emanan de dous novos informes. O primeiro deles, A Cooperación ao desenvolvemento e a infancia. Apuntamentos estratéxicos para o caso de España, realizouno polo InstitutoComplutense de Estudios Internacionais (ICEI) por iniciativa de UNICEF. O segundo informe Priorizar a infancia na Cooperación Española, é o resultado dun traballo conxunto de reflexión que realizou UNICEF coas principais organizacións que traballan en España en cuestións de infancia e cooperación: Acción contra a Fame, Axuda en Acción, Entreculturas, Plan Internacional, Plataforma de Organizacións de Infancia, Proxecto Solidario, Save the Children, Unicef eWorld Vision. Ambos os dous informes repasan as razóns que avalan o protagonismo da infancia na cooperación ao desenvolvemento e, a este fin, realizan recomendacións técnicas específicas no marco da elaboración do próximo Plan Director da Cooperación Española. Este IV Plan entrará en vigor en 2013 e establecerá as principais liñas de acción así como os sectores, países e colectivos aos que España vai destinar prioritariamente o seu esforzo e os seus fondos. É polo tanto un momento clave e, por iso, dende UNICEF e en colaboración con todos os que facemos dos dereitos da infancia nosa bandeira, mantémonos no empeño de que, tamén na política de cooperación española, os nenos ocupen o lugar que merecen.