Filipinas: "Non hai un sitio onde ir"

Por Christopher de Bono, Xefe Rexional de Comunicación de UNICEF en Asia do Leste e Pacífico

 
Acabo de falar por teléfono con León DominadorFajardo, coñecido como 'Nonoy', un especialista en emerxencias de UNICEF enTacloban. É un experto profesional, un veterano que foi testemuña doutrosdesastres e devastacións, pero notábase un tremor na súa voz. "Hai xente, familias con fillos, camiñando polasrúas en ruínas", dime. Non sei onde van, non hai ningún lugar onde ir. Están a camiñar porque as súas casas desapareceron e non teñen onde ir".

Tardara unha hora en saír do aeroporto debido aos entullos. Outros compañeiros quedaranatrapados no aeroporto durante a noite. As estradas estaban case intransitables nunha noite escura e o risco de accidentes era serio para os condutores e pasaxeiros, pero sobre todo para as persoas acampadas na rúa.

DeseSperados por conseguir comida para as súas familias

"Hai tantas persoas que perderon todo... Os seus fillos teñen fame, algúns están enfermos e séntense frustrados", explicou. E quen non o estaría? Non son capaz de imaxinar o que sentiría ao non poder consolar ou nin sequera alimentar a miña filla. Pasamos por momentos difíciles, pero sempre fun capaz de darlle alimentos, un refuxio e socorrela cando está enferma. Agora esta xente non pode facelo, e non hai un lugar ao que poidan acudir para pedir axuda.

Os medios de comunicación locais falaron de saqueos, pero 'Nonoy' describe persoasdesesperadas por conseguir comida para as súas familias famentas, "rescatando" arroz dun almacén derruído e abandonado. "As autoridades locais están a facer o que poden e hai longas filas de persoas facendo cola fronte ao Concello", subliña.

Os reforzos enviados polo Exército de Filipinas están a axudar á Policía local a restablecer a orde en Tacloban. Pero o que a xente necesita non está aí, e moitas das autoridades --os funcionarios públicos locais-- perderon tamén os seusseres queridos e os seusfogares.
 

o que necesitan os nenos: comida, refuxio, auga potable e medicamentos

O que necesitan os nenos na cidade de Tacloban neste momento é comida, refuxio, auga potable e medicamentos básicos. Hai esperanza para eles. O aeroporto está a funcionar e varios avións C130 aterran con subministracións de axuda de emerxencia. As autoridades locais están a restablecer a orde necesaria para distribuír a axuda e satisfacer asnecesidades da poboación, pouco a pouco e con gran dificultade, pero co apoio de UNICEF e os seus aliados.

Aloxística é un gran reto: facer chegar aaxuda suficiente e o persoal experimentado aos lugares axeitados, conseguir gasolina e poñer en marcha sistemas para a distribución, restablecendo as comunicacións.

Moitas zonas do país que se encontraban na traxectoria do tifón Haiyan/Yolanda continúan sendo inaccesibles, polo que hai moitas cousas que aínda non sabemos e miles de nenos -probablemente millóns-- que necesitan desesperadamente a nosa axuda, aínda non a están a recibir.

Dous lugares que nos preocupan especialmente son o norte de Palawan e Ormac enLeyte, onde aínda non coñecemos o alcance do tifón nin sabemos o número de nenos afectados. Pronto o saberemos grazas aos nosos colegas que acaban de chegar aOrmac. Crucemos os dedos.

AxUDA PARA FILIPINAS

Os nenos de Filipinas necesitan axuda de emerxencia e protección. Se querescolaborar nesta emerxencia, podes facelo:
  • A través da nosa web.
  • Enviando un SMS* coa palabra UNICEF ao28028
  • Chamando ao902 31 41 31
  • Nas seguientes contas bancarias:
BBVA          0182 2370 40 0208517159
Caixabank  2100 5731 70 0200005001
Santander  0049 1804 16 2610410756
Banesto      0030 8301 78 0000046271
ING Direct   1465 0100 95 6000000000

* CUSTO DA MENSAXE 1,20 € ÍNTEGRO PARAUNICEF. Válido para Movistar, Vodafone,Orange e Yoigo. Número sen fins comerciais. Operado porUNICEF n.atn.clte:902080900unicef.es. Información legal e protección de datosunicef.es