Crise de Sirya: temor en mentes e corazóns

Post de Kumar M. Tiku, UNICEF en Sirya. 

A principios de 2013, 1.200 estudantesasistían a unha escola primaria no centro deDamasco. Un día unha bomba estalou preto da escola. Os nenos puideron escapar, pero aasistencia escolar reduciuse a apenas 400 estudantes.Moitos pais, temendo pola vida dos seus fillos,deixaron de envialos áescola. Esta é só unha das moitas escolas de Sirya que reflicte o nivel detemor que vive nos corazóns e asmentes dos nenos e as súas familias. Aínda que a asistencia á escola aumentou ata 900 alumnos, o medo permanece.Afaf, conselleira da escola, di: Agora hai máis nenos que se fan pis enriba, un sinal de que teñen medo e están nerviosos. Asústanse especialmente cando oen os terribles sons dos mísiles".

Crise de sirya, un conflito con rostro de neno

Samer* (12 anos), perdeu un ano de escolaridade a causa do desprazamento constante. Afirma que pode saber se o bombardeo está preto ou lonxe: Aprendino cando un proxectil caeu no último piso da nosa casa pretoHarasta (Damasco Rural). Deixamos a nosa casa ese mesmo día. A medida que comezamos a camiñar, outro proxectil caeu na nosa veciñanza. Despois decatámonos de queoutro proxectil caeu na nosa casa".Sabeen (10 anos) conta quedeixou a casa da súa familia en A'dra, tamén en Damasco rural, cando foi alcanzada polos proxectís. "Unha gran cantidade de cristais de vidro rompéronse, pero ninguén resultou ferido. Anicámonos preto do meu pai e choramos. El tratou de calmarnos. Despois duns días fómonos a Damasco".

"Os nenos están a tratar de facer fronte áviolencia", di Afaf. Na súa maioría, cando xogan," reproducen enfrontamentos, loitando e competindo uns con outros.Afaf fala de Rami,de 10 anos, quelevaba un coitelo á escola. Rami non soltaba o coitelo dicindo que era para protexerse. "Os seus pais nin sequera eran conscientes de que Rami levaba escondido o coitelo nunha bolsa. Acudiu a sesións para sentirse máis tranquilo e superar algúns dos seus medos". "Os nenos en toda Sirya están a soportar moita violencia e acontecementos traumáticos de xeito regular", di Insaf Nizam, Xefe de Protección da Infancia deUNICEF en Sirya. "Moitos nenos foron testemuñas de cousas que ningún neno debería experimentar. O conflito está a supoñer un verdadeiro desgaste físico e emocional para eles e o seu futuro desenvolvemento".

a terrible consecuencia do abandono escolar

O conflito afectou gravemente á asistencia escolar: estímase que un millón de nenosnon vai á escola en Sirya. Mentres que a taxa de asistencia nacional se sitúa no 73 por cento de media, en Aleppoé do 50 por cento, e do 54 por cento en Deir ez Zour, onde o conflito é máis intenso.Outro millón de nenos, aínda que seguen inscritos nas escolas, están en risco de abandonala porque non poden acudir á escola de forma regular. Algúns xa perderon dous ou tres anos de escolaridade.Afaf di que a posibilidade de realizaractividades recreativas axuda a canalizar a enerxía e os pensamentos dos nenos nunha dirección positiva: "Os nenos adoran as actividades que lles permiten traballar xuntos e gozar da experiencia do pensamento creativo". * Para esta historia utilizáronse nomes ficticios.