Crise de Sirya: o fútbol axuda aos nenos a reducir o trauma

Post de Ayberk Yurtsever, UNICEF

 

Xogar ao fútbol é para os nenos sirios un aliciente que lles axuda a superar os traumas da guerra

Mentres a campá aínda resoa nos corredores da escola do campamento de Islahiye, construído recentemente por UNICEF e a Presidencia de Desastres e Emerxencias (AFAD), un grupo de nenos sirios reúnese con entusiasmo no campo de fútbol, fóra da próxima Casa Amiga da Infancia. Deixaron as mochilas azul-ciano deUNICEF polos postes ou tras as redes, e elixen os equipos. En cuestión de segundos, o balón está en xogo. A pesar de que estamos en xaneiro, os xogadores non senten nada de frío, grazas ao sol e á enerxía que consumen correndo. O sol aínda está alto no ceo, e as sombras dos nenos caen bruscamente sobre o chan. Tras o partido, hai tempo para charlar. Ekrem Acuz ten dez anos e estuda quinto grao. O seu pai é o director adxunto da escola e a súa nai traballa alí como profesora. Sen folgos, cóntanos que xoga ao fútbol aquí cos seus amigostodos os días despois das clases. Tanto o porteiro coma o dianteiro responden sen vacilar cando se lles pregunta sobre o seu futbolista favorito: "Messi", considerado por moitos como o mellor xogador do mundo. Lionel Messi, Embaixador de Boa Vontade de UNICEF, é, sen dúbida, o favorito dos nenos sirios. Pero Ekrem, de maior quere ser doutor, non futbolista.

CRISe DE SIRyA: A MAxIA Do FÚTBOL  APODéRAse DOS NenOS 

A miúdo pódese ver os nenos xogando ao fútbol aquí - non só no campo, senón tamén preto dos aramados que o rodean-. Os aramados serven como medio de seguridade, como secadoras de roupa para as nais e como postes para os nenos. Para eles, o lugar e a hora non importan moito. O importante é conseguir un par de amigos e ter un balón para xogar.A maxia do fútbol apodérase dos nenos sirios que viven nos campamentos en Turquía, case todos os días, como o fai cos nenos de todo o mundo. A diferenza é que aquí, en certa medida, axuda a soportar os traumas da guerra dos seus xogadores. Dende o momento en que os nenos chegan á escola no campamento, esperan impacientes a hora do próximo partido.