Coñécenos: Felicitei Tchibindat, Camerún

Felicitei Tchibindat é representante de UNICEF en Camerún.

"Loitar polos dereitos dos nenos, e en especial dos de África, cuxa voz non sempre é escoitada, é o que me dá forzas para erguerme cada día".

"O mandato de UNICEF para min é o máis importante xa que non podemos permanecer indiferentes á situación dos nenos".

"Traballar para UNICEF paréceme unha forma de lograr que os nenos teñan un futuro".

 

Un País en proceso de desenvolvemento

  • Camerún, un país de ingresos medio baixos, puxo en marcha un ambicioso plan de desenvolvemento a longo prazo para o crecemento económico e o emprego. UNICEF leva anos traballando para asegurar que os dereitos dos nenos se inclúen de xeito substancial neste plan nacional.

  • Hoxe en día Camerún segue estando no undécimo posto a nivel mundial en canto a taxa de mortalidade de menores de 5 anos.

  • 60.000 nenos viven con VIH e 340.000 son orfos debido á sida.

  • A esperanza de vida rolda os 52 anos.