Combater a poliomielite en Chad

Post de Mia Farrow – 16 febreiro dende Moundou preto da fronteira coa República Centroafricana

No ano 2000, Thaddeus, o meu fillo de 10 anos, sentouse na súa cadeira de rodas xunto ao entón Secretario Xeral da ONU, Kofi Annan, para pulsar xuntos o botón co que comezaba a conta atrás e a estratexia global para erradicar a polio antes do ano 2005.  

Thaddeus naceu en India e é parapléxico debido á polio. Naquel momento había miles de casos de polio alí. Agora, India cumpre un ano sen casos de polio. Thaddeus celebrou a noticia. " Pero que pasa cos nenos do resto do mundo? " preguntou. Conteille a Thaddeus que a polio aínda existe en 14 países, pero cun número baixo de casos. Chad, con 132 casos diagnosticados o ano pasado, é o segundo país tras Paquistánen número de casos. Agora UNICEF e os seus aliados están comprometidos neste último esforzo por erradicar a enfermidade da face da terra. O reto aquí, enChad, é convencer a todos os pais de que as vacinas son seguras e chegar a cada neno, mesmo nos lugares máis remotos.