Baixo o lume: unha semana en Sudán do Sur

Post publicado en Planeta Futuro de El País.

Por Mayumi Yamashina, de UNICEF en Sudán do Sur. 

Non me imaxinara cando empecei a traballar con UNICEF como oficial de protección da infancia, que enterrar cadáveres de nenos sería algo que faría. Lamentablemente en Malakal, en Sudán do Sur, a semana pasada axudei a enterrar os mortos despois da violencia desvastadora que sacudiu a cidade, penetrando mesmo no complexoUNMISS (misión de paz de Nacións Unidas en Sudán do Sur) onde os civís se refuxiaran. Eu chegara da capital, Juba, o venres 14 de febreiro, compartindo o sentimento de optimismo entre os meus compañeiros de UNICEF e doutras organizacións sobre o que podiamos lograr para os nenos e as familias desprazadas que viven no espazo de Protección dos Civís (PoC) de UNMISS e nos campos de desprazados próximos. A miña misión era colaborar cos traballadores sociais para identificar aos menores non acompañados de entre os desprazados pola crise que azoutou ao país en decembro do ano pasado, co fin de axudar a localizar ás súas familias e asegurar coidados de acollida para eles. Tamén nos estabamos a preparar para crear espazos amigos da infancia para que os nenos estean seguros e poidan xogar. Sentiámonosoptimistas e tiñamos un plan. Iso foi o luns. O martes, todo cambiara. Pouco despois de espertar na miña tenda de campaña, a quietude da mañá quedou destruída polos disparos. Os rumores que estiveran a circular sobre un posible ataque da oposición ás forzas do Goberno en Malakal, resultaron ser certo.

Corremoscara ao búnker para protexernos das balas perdidas, pero estábase a encher rapidamente coas familias da zona de PoC. Así que nos anicamos fora esperando salvarnos. O tiroteo foi intenso e pareceunos que duraba horas. Se tivese habido bombardeos preto, pensamos que era probable que nos matasen. A tensión no campamento era alta e a loita pronto estalou entre algúns dos homes desprazados de diferentes grupos étnicos da zona de PoC. Algúns utilizaban bloques de cemento e barras de metal como armas. Foi terrible.Ao caer a noite, aínda non había un lugar seguro. As nosas tendas de campaña non nos protexían dos proxectís ou as balas. Durmimos o que puidemos e o mércores pola mañá, espertamos de novo oíndo disparos fóra e pelexas entre a poboación desprazada dentro do PoC. Ao final do segundo día do asalto, había 17 cadáveres no interior do PoC, entre eles, dous nenos que morreran por causas naturais. Non podiamos deixar os cadáveres sen sepultar e á mañá seguinte ofrecinme para axudar ao persoal deUNMISS a enterralos no exterior do PoC. Mentres traballabamos, vimos nenos duns 10 anos levando armas de fogo. Estes nenos soldados, sen dúbida foran testemuñas da matanza brutal, ou mesmo eles mesmos mataran. Ese mesmo xoves, máis tarde, as forzas de paz que patrullan máis alá do PoC e a cidade de Malakalinformaron ter visto incontables cadáveres, incluídos nenos. Había cadáveres no Nilo, onde as mulleres estaban a recoller auga. Dixeron que algunhas mulleres denunciaran ter sido violadas.

A medida que se prolongaban os enfrontamentos en Malakal, comezamos a quedar sen comida e auga. Algúns traballadores humanitarios e mulleres que viven no PoC arriscaron as súas vidas para coller auga doNilo para as familias desprazadas do campamento. O venres, o tiroteo diminuíra e fomos capaces de volver ao traballo. Trouxen auga e sales de rehidratación oral para os nenos. Comezamos a identificar os nenos non acompañados para mantelos a salvo, e ás vítimas de violacións para iniciar os servizos de apoio, incluíndo a provisión da atención médica por parte dos nosos aliados. A adrenalina e un incrible espírito de equipo fixéronnos seguir adiante en medio destes terribles acontecementos. Sabiamos que tiñamos que seguir apoiando e protexendo os nenos e familias que nos necesitan. O domingo autorizouse finalmente un voo para ir a Malakal e eu puiden volver a Juba. Tería querido quedar, pero ao mesmo tempo sabía que estaba ao límite das miñas forzas. Algúns amigos e colegas viñeron ao aeroporto de Jubacando chegou o voo, e foi difícil conter as bágoas cando os vin. Traballei en Afganistán, en Sri Lankadurante o conflito de 2009, en Zimbabwe e en China tras o terremoto deSichuan de 2008, pero este é opeor desastre humanitario que experimentei. É difícil imaxinar o terrible que é. E, por suposto, asmulleres e os nenos son os que máis están a sufrir.A recente devastación fíxonos perder semanas ou mesmo meses de traballo en manter seguros as mulleres e os nenos de Malakal, e preocúpame que os combates se interpoñan no noso traballo polos nenos

Asnecesidades en Malakal agora son aínda maiores. Temos que reunir as familias que foron separadas, identificar os nenos non acompañados para mantelos a salvo, e asegurar que as familias desprazadas teñen acceso a auga potable e atención médica. Temos que traballar para que todo estea preparado antes das inundacións que a tempada de chuvias traerán en só seis semanas. E temos que investigar as violacións graves que se fixeron contra os dereitos dos nenos para que poida haber algunha esperanza na xustiza e a reconciliación no futuro. É triste, étraumático e é perigoso. Pero xunto cos meus compañeiros de UNICEF, estou decidida a volver e pasar por iso,polos nenos de Malakal, polos nenos de Sudán do Sur.