"Aquí non se paga nada". Mozambique a través dos seus carteis

Por Diana Valcárcel, Coordinadora de Proxectos de Comunicación de UNICEF España
 
 

Levo moitos anos fotografando carteis durante as miñas viaxes. Pintadas, reclamos, debuxos, carteis publicitarios. Teño imaxes de ilustracións de salóns de peiteado en Haití, menús en Bolivia, prohibicións nas paredes das rúas de Malí, declaracións apaixonadas de amor en Italia.

Esta publicidade na rúa fálame do país. Son os sinais que as súas xentes van deixando nun día de arrebato, por necesidades informativas, de expresión ou de negocio. Sempre están cheas de xenialidade e carácter.

Durante esta viaxe enMozambique, ademais, a miña reportaxe alternativa enriquécese coa preciosa lingua de Camões, un regalo para o oído e para a vista.

Nun muro dunha rotonda saíndo de Maputo leo: "A vida euma festa" (a vida é unha festa). Dinos moito sobre os mozambicanos. Xente que festexa, que goza coa súa música, nas súas comunidades, nas súas praias e co colorido do seu país. Toda esta riqueza entra en choque con informes como o de Desenvolvemento Humano 2013 que indica que Mozambique é ocuarto país menos desenvolvido do mundo. As cifras están aí e son realidades. Son máis cruas que os carteis. Cóntannos que saíndo de Maputo, unha cidade de costa moi agradable, a zona rural do país tencarencias serias. Coñecemos con UNICEF unha aldea remota, Chivandlene, na provincia de Gaza, o día da semana en que as brigadas móbiles de saúde fan visitas a domicilio. E damos fe desas carencias.

Seguimos a nosa viaxe cara a Manhiça. O cartel máis suxestivo e esperanzador que encontro na miña viaxe é un pegado na parede do hospital de Manhiça: "Aquí non se paga nada", en portugués e en shangana. O obxectivo da nosa viaxe a este país do sueste de África é coñecer, da man de UNICEF e de ISGlobal, os avancesque se fixeron en materia de inmunización, un dos factores fundamentais que contribúen ao descenso da mortalidade infantil. En Mozambique entre 1990 e 2012 ataxa de mortalidade infantil de menores de cinco anos reduciuse un 61%, segundo Committing toChild Survival: A Promise Renewed. Progress Report 2013.
 
Aquí non se paga nada: todos os nenos teñen acceso gratuíto ao paquete de vacinas básicas en Mozambique. Nunha aldea de Gaza, observaba como un nenorecibía
tres gotas na súa boca (un alivio que esta vez non sexa unha picada). É a vacina contra a polio. Tres gotas que salvan de deixar a un neno prostrado nunha cadeira de rodas toda a súa vida. Entón recordo a Kuní, unha nena que coñecín en Cambodja hai 10 anos, non correu a mesma sorte e depende da súa cadeira de rodas dende que intentou comezar a camiñar.
 
España ten con Mozambique unha longa tradición de cooperación. O noso país a través da Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) apoiou o sector saúde principalmente a través do apoio presupostario sectorial. Temos de destacar tamén os fondos que España achega ao Centro de Investigación en Saúde de Manhiça (CISM), que impulsa a estratexia nacional contra a malaria ademais do fortalecemento do hospital da cidade e un sistema excepcional de recollida e procesamento de datos da poboación do lugar.
 

No período 2006-2010, cun total de 267,3 millóns de euros, Mozambique foi un dos principais receptores deAOD da rexión. No Plan de Director da Cooperación Española 2013-2016, segue sendo un país prioritario. Non obstante, dos máis de 30 millóns de euros previstos para 2011, pasouse a unha previsión de 12,8 para 2012 (1).


Aí déixolles os datos. Non son tan suxestivos como os carteis, síntoo. Pero merecen unha reflexión sobre a responsabilidade que todos temos de apoiar esta política pública. Os cambios ou axustes poden ter un impacto tamén na vida dos nenos mozambicanos ou doutros países. Se queremos que o noso país siga contribuíndo ao camiño cara á desexada equidade mundial debemos estar moi atentos.


Nun colexio nun barrio dos arredores de Maputo, Albassine, un grupo de nenos colocábase en fila diante do muro da entrada onde dicía As criançassão flores. Os nenos son flores e eles mesmos tapaban as palabras facéndoas humanas.

A vida é unha festa, aquí non se paga nada e os nenos son flores. Aí déixolles un pedacito de Mozambique a través dos seus carteis.