Adeus, ébola!

En UNICEF tiñamos moitas ganas de celebrar esta noticia: por fin podemos dicir que todos os países de África occidental están libres de ébola!

 

Liberia foi o último país en anunciar o fin da transmisión do virus, que abandonou Guinea en decembro eSerra Leona en novembro. 
 
O brote de ébola, que comezou a principios de 2014, foi o peor da historia. Durante estes dous anos, máis de 11.300 persoas perderon a vida nos 3 países afectados.
 
Con todo, a pesar de que esta é, sen dúbida, unha gran noticia, non podemos baixar a garda. AOrganización Mundial da Saúde xa recoñeceu que podería haber novos rebrotes e que, por iso, hai que manter ossistemas de vixilancia durante os próximos meses.
 
Ademais, os efectos que estaterrible epidemia ten na sociedade dos países afectados sentirán durante un longo tempo. É o caso dos case23.000 nenos que, a causa doébola, perderon ao seu pai, á súa nai ou mesmo a ambos, e que agora seguen necesitanto coidados e apoio.
 

FIN Do ÉBOLA: MÁiS DE 1.260 NenoS PODeRÍAN SUFRIR o RECHAZO Das SúaS COMUNIDADES

O virus do ébolademostrou ser moi contaxioso. Isto ha estigamtizado enormemente aenfermos e sobreviventes da enfermidade, que sentiron o rexeitamento de familiares, amigos e comunidades por medo a contraer a enfermidade. 
 
Un rexeitamento que podería continuar a pesar de erradicarse o brote. Por iso, en UNICEF preocúpannos especialmente os máis de 1.260 nenos que sobreviviron á enfermidade en Liberia, Guinea e Serra Leona. Imos seguir traballando para que estes e todos os nenos destes 3 países poidan recuperarse pronto da terrible experiencia pola que pasaron. 
 
Durante os 3 próximos meses, imos continuar participando nas campañas de sensibilización e vixilancia para evitar calquera posible rebrote. Máis a longo prazo, o noso obxectivo é reforzar os sistemas de protección infantil. Para iso, imos traballar coas autoridades para que garantan os servizos que necesitan os nenos.
 

FIN Do ÉBOLA: GRAzAS A TODOS!

Non podemos celebrar ofin do ébola sen dar as grazas aos miles de persoas que colaboraron nesta emerxencia. Toda a axuda recibida permitiu que os compañeiros de UNICEF e outras organizacións sobre o terreo puidesen facer fronte a este virus mortal.
 
Porque grazas a vós, a eles e ávalentía das sociedades nos países afectados podemos dicir... Adeus, ébola!
 
Post escrito por Lara Aparicio, storyteller de UNICEF España