Pobreza Infantil en Países RicosPobreza Infantil en Países Ricos (Pobreza infantil nos países ricos)

Informe realizado polo Centro de Investigación Innocenti de UNICEF, no que se examinan os datos dispoñibles nos países desenvolvidos sobre a pobreza infantil. A investigación, ademais, indaga sobre as causas que están a producir o incremento da taxa de pobreza infantil nalgúns países á vez que noutros se lograron progresos. De acordo co informe, as tendencias sociais, as condicións do mercado laboral e as políticas do goberno son os factores determinantes das taxas de pobreza infantil. En particular, o compromiso político de loitar contra a pobreza infantil e as políticas que se poñen en práctica son as ferramentas que poden crear unha diferenza significativa.

O informe afirma que a proporción de nenos e nenas que viven na pobreza aumentou en 17 dos 24 países membros da OCDE dende comezos de 1990. De modo que, aínda que xeralmente se pense que a pobreza infantil nos países ricos diminúe de forma constante, o informe evidencia que só catro países, Australia, Noruega, Reino Unido e Estados Unidos, rexistraron unha diminución significativa. Reducir a pobreza infantil é un dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio acordados por todas as nacións. Así, e en aras de cumprir con estes obxectivos, consideramos este informe como un documento de especial relevancia, e esperamos que do mesmo xeito lle resulte de gran interese e utilidade.