Uns 3.000 nenos serán liberados de forma gradual dun grupo armado en Sudán do Sur

280 nenos foron liberados e entregouse hoxe a UNICEF

UNICEF e os seus aliados lograron a liberación duns 3.000 nenos dun grupo armado en Sudán do Sur - sendo esta unha das máis grandes desmobilizacións de nenos. O primeiro grupo, de 280 nenos, foi liberado hoxe no pobo de Gumuruk (estado de Jonglei) ao leste de Sudán do Sur. Os demais nenos serán liberados gradualmente ao longo do próximo mes.

Recrutados pola Facción Cobra do Exército Democrático de Sudán do Sur (SSDA), liderada por David Yau Yau,os nenos teñen entre once e 17 anos de idade. Algúns estiveron a loitar ata catro anos e moitos deles nunca foron á escola. No último ano 12.000 nenos, a maioría pequenos, foron recrutados e utilizado como soldados por forzas e grupos armados en Sudán do Sur.

Os nenos entregaron as súas armas e uniformes nunha cerimonia supervisada pola Comisión Nacional para o Desarme, a Desmobilización e a Reintegración de Sudán do Sur e a Facción Cobra, co apoio de UNICEF.

"Estes nenos víronse obrigados a facer e ver cousas que ningún neno debería experimentar xamais", dixo o representante de UNICEF en Sudán do Sur Jonathan Veitch. "A liberación de miles de nenos require dunha resposta masiva para proporcionar o apoio e a protección que estes nenos necesitan para comezar a reconstruír as súas vidas".

Os nenos liberados da Facción Cobra están a recibir apoio mediante servizos básicos de saúde e protección e ven atendidas as súas necesidades de alimentos, auga e roupa para axudarlles a prepararse para regresar coas súas familias. Ademais estanse a establecer con rapidez outros programas de apoio psicolóxico e de asesoramento. Os nenos non tardarán en ter acceso a programas de educación e formación en habilidades.

UNICEF traballa para localizar e reunir os nenos coas súas familias, unha tarefa d
e gran dimensión nun país onde máis de 1 millón de nenos se viron obrigados a desprazarse internamente ou fuxiron a países veciños dende o comezo dos enfrontamentos en decembro de 2013.

O apoio estenderase ás comunidades locais para previr e reducir a discriminación contra os nenos que regresan e tamén para evitar posibles recrutamentos.

"O éxito da reintegración destes nenos nas súas comunidades depende dunha resposta coordinada e oportuna para satisfacer as súas necesidades inmediatas e a longo prazo. Estes programas requiren importantes recursos", dixo Veitch.

UNICEF estima que o custo de liberación e reintegración de cada neno é de aproximadamente 2.330 dólares (2.058 euros) durante 24 meses. Ata o momento UNICEF recibiu 1,6 millóns de euros da Fundación IKEA - unha primeira e fundamental contribución ao financiamento do programa de liberación e reintegración - e fai un chamamento adicional de 10 millóns de dólares (8.837.621 euros). Outros doadores son a UE e os Comités Nacionais de UNICEF en Alemaña e Reino Unido.

Para contribuir ao traballo de UNICEF en Sudán doSur:

http://www.unicef.es/sudan-del-sur

Por teléfono: 902 31 41 31 (luns a venres de 9 a 22 h, sábados de 11 a 17 h.)

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.

Más información:

John Budd, UNICEF South Sudan [email protected] +211 91 239 8404

Claire McKeever, UNICEF South Sudan [email protected] +211955109325

James Elder, UNICEF East and Southern Africa Regional Office [email protected] +254 71 558 1222

Melanie Sharpe, UNICEF New York [email protected] +1 917-251-7670

Christophe Boulierac, UNICEF Geneva [email protected] +41 (0) 799639244 

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]