UNICEF distribúe subministracións de emerxencia para miles de afectados polo tifón en Filipinas

A axuda que se distribuirá nos próximos días: medicamentos para 90.000 persoas, materiais para dar acceso á auga a máis de 60.000 persoas ao día e latrinas para 8.500 // A axuda xa distribuída: comprimidos potabilizadoras de auga, lonas, xabón, kits médicos e suplementos alimentarios para 13.000 familias

O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia, UNICEF, realizou novos envíos de subministracións de emerxencia para os afectados polo tifón Haiyan. Xa chegou a Filipinas a axuda que se distribuirá nos próximos días nas cidades de Tacloban, onde estas subministracións servirán poderá proporcionar auga potable a 45.000 persoas ao día; e Roxas, que recibirá pastillas potabilizadoras de auga, un tanque para subministrar auga potable a 19.000 persoas ao día e materiais para instalar latrinas para 8.500 persoas. Tamén nos próximos días chegarán medicamentos para 90.000 persoas de Roxas, Ormoc e Tacloban.

"A boa noticia é que a axuda está a chegar", sinala dende Manila Chris de Bono, Xefe Rexional de Comunicación de UNICEF Asia Oriental e o Pacífico, e "as subministracións de auga e saneamento deUNICEF están en Tacloban, onde axudarán a evitar que se produzan brotes de tifo e cólera,". Non obstante, o acceso a algunhas das zonas máis afectadas segue sendo moi difícil, o cal está a complicar a distribución da axuda.UNICEF distribuíu xa 1.860 lonas impermeables e 72 tendas de campaña, que poden ser utilizadas como escolas ou espazos seguros para os nenos. En Tacloban, unha das zonas máis afectadas polo tifón, hai preto dun centenar de latrinas portátiles. Nada máis producirse a emerxencia UNICEF enviou 60 toneladas métricas de subministracións como comprimidos potabilizadoras de auga, lonas, xabón, kits médicos e suplementos alimentarios para 10.000 familias. Outras 3.000 familias recibiron artigos adquiridos no país, como alimento terapéutico para nenos, equipos sanitarios e kits de auga e hixiene. Tras o paso do tifón Haiyan calcúlase que hai 11,5 millóns de persoas afectadas, das que 4,6 millóns son nenos. UNICEF realizou un chamamento inicial de fondos de 34,2 millóns de dólares (25,4 millóns de euros) para cubrir as súas necesidades básicas durante os próximos 6 meses.

Calquera persoa pode colaborar con este traballo a través de UNICEFComité Español:

-          Enviando un SMS** coa palabra UNICEF ao 28028

-          Realizando su contribución a través de www.unicef.es

-          Chamando al 902 31 41 31

-          Nas seguintes contas bancarias:

BBVA           0182 2370 40 0208517159

Caixabank   2100 5731 70 0200005001

Santander   0049 1804 16 2610410756

Banesto       0030 8301 78 0000046271

ING Direct   1465 0100 95 6000000000

Máis información sobre a emerxencia en Filipinas:

http://www.unicef.es/emergencia-tifon-filipinas  

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]