UNICEF céntrase nos nenos máis vulnerables ante a recuperación das comunidades afectadas por Haiyan

Tres meses despois do tifón Haiyan en Filipinas

Tres meses despois de que o tifón Haiyan devastase o centro de Filipinas, comeza a volver a normalidade para os nenos máis afectados pola catástrofe natural.

Coa axuda de UNICEF e os seus aliados, uns 420.000 nenos das zonas máis afectadas puideron volver ás aulas en escolas reparadas, centros provisionais ou tendas de campaña onde utilizan materiais educativos como escola na maleta ou os kits de primeira infancia e recreativos. A campaña de volta á escola vaise intensificar de cara ao comezo do novo curso escolar en xuño de 2014. Non obstante queda moito por facer para abordar os enormes retos pendentes como o continuo desprazamento masivo de familias e comunidades, a destrución de infraestruturas ou o risco de que aparezan brotes de enfermidades como o dengue e o sarampelo. O 8 de novembro de 2013, o tifón Haiyan arrasou enormes áreas do centro de Filipinas, afectando a 14,1 millóns de persoas, das cales 5,9 millóns son nenos. Tras unha avaliación da situación, UNICEF, xunto aos gobernos locais, centrouse especialmente nos 40 municipios máis afectados, que acollen preto de 1,34 millóns de persoas, incluídos 558.000 nenos. "O noso obxectivo ata agora foi a subministración de axuda vital aos nenos e as comunidades máis afectadas polo tifón e que están en maior risco", dixo Angela Kearney, Representante de UNICEF en Filipinas. "Estamos a lograr un progreso real pero hai que facer moito máis para restablecer os dereitos destes nenos e devolverlles a posibilidade de que alcancen todo o seu potencial. O persoal deUNICEF traballa contra o reloxo para proporcionar axuda de urxencia".UNICEF fortaleceu a súa presenza nas zonas máis afectadas para acelerar a entrega de subministracións e axilizar o traballo de apoio, baixo a coordinación do Goberno de Filipinas, os aliados humanitarios e os gobernos locais.

 UNICEFe os seus aliados están a xogar un papel clave nestas rexións, tanto na restauración do acceso a auga potable e saneamento, coma na vacinación contra enfermidades perigosas e o fomento de prácticas saudables nos nenos (coa OMS). Tamén traballan no tratamento da desnutrición en nais e acabados de nacer, na educación e posta en marcha de centros de primeira infancia, así como a protección dos nenos fronte a abusos e explotación. "Cada día damos máis apoio, intentando asegurar que se satisfagan as necesidades e os dereitos de todos os nenos", dixo Kearney. "E xa que estamos a apoiar, facémolo tendo un ollo posto no futuro, para garantir que todo o que se reconstrúe sexa máis resistente aos desastres, máis forte ante calquera calamidade que poida haber no futuro. " O plan de resposta de emerxencia de UNICEF inclúe a transición dende a primeira axuda de socorro á recuperación a longo prazo. Tamén inclúe o apoio proporcionado ás institucións locais e nacionais para asegurar que se cobren as necesidades dos nenos como parte dos plans nacionais e locais de resposta ante desastres. Algúns resultados do traballo de UNICEF en Filipinas ata o momento:

 Auga e saneamentoDende novembro proporcionáronse kits de auga, produtos para o tratamento de auga, bidóns e colectores para unhas 925.500 persoas afectadas enSamar, Leyte e Capiz. Tamén se distribuíron lavabos e sanitarios portátiles para unhas 70.000 persoas en Capiz, Samar Oriental e Leyte. Ademais de kits de hixiene para 231.000 persoas en todo Samar, Leyte, Capiz,Iloilo e Cebú.

Saúde

UNICEF está a apoiar o Departamento de Saúde na restauración dos programas rutineiros de vacinación repoñendo materiais e restablece a cadea de frío nas zonas prioritarias. O sarampelo, o dengue e a diarrea representan un risco. Co apoio deUNICEF e os seus aliados, o Departamento de Saúde levou a cabo unha campaña de vacinación contra o sarampelo, traballa para eliminar os criadeiros de mosquitos, e ten previsto finalizar os plans de resposta contra o dengue nas rexións afectadas. Ata o momento detectáronse máis de 4.000 casos de diarrea nas rexións afectadas.UNICEF está a traballar co Departamento de Saúde, a OMS e outros socios para aumentar a capacidade das autoridades locais de previr brotes de diarrea acuosa aguda, dengue e outras enfermidades relacionadas. Tamén traballa para construír centros locais de diagnóstico e tratamento.NutriciónMáis de 8.000 mulleres embarazadas e lactantes, así como coidadores, recibiron asesoramento e apoio acerca do coidado de recén nacidos e nenos pequenos a través de 43 espazos amigos deUNICEF para nais e bebés. UNICEF está a traballar co Consello Nacional de Nutrición de Filipinas para dar apoio de emerxencia a nenos, mulleres embarazadas e nais lactantes en máis de 1.000 barangay (barrios) das zonas afectadas. Ata agora examinouse o estado nutricional de máis de 97.000 nenos menores de 5 anos das zonas máis afectadas. Como resultado destas probas, 159 nenos con desnutrición severa foron admitidos nos programas de alimentación terapéutica e suplementaria.

 Educación e Desenvolvemento da Primeira InfanciaUNICEF montou 1.244 espazos temporais de aprendizaxe que foron utilizados por máis de 124.000 nenos.Protección da InfanciaUNICEF e os seus aliados distribuíron kits para o coidado e desenvolvemento da primeira infancia, kits recreativos e tendas de campaña en 79 Espazos Amigos da Infancia que apoiaron 13.500 nenos. Tamén se prestou apoio psicosocial para axudar aos nenos a lidar co impacto emocional e psicolóxico da traxedia. Tras poñer en marcha o sistema de rastrexo e reunificación familiar apoiado por UNICEF, localizáronse 92 nenos non acompañados e separados das súas familias, facéndose cargo da súa situación as autoridades gobernamentais pertinentes. Formáronse uns cincuenta grupos de acción comunitaria e de voluntarios en protección de desprazados para proporcionar máis seguridade e protección ás mulleres e nenos vulnerables. Este adestramento estase a ampliar para proporcionar axuda en oito centros de evacuación e sitios transitorios de alto risco.

 Máis información sobre o traballo de UNICEF en Filipinas:

http://www.unicef.es/emergencia-tifon-filipinas

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

[email protected]