Sergio Ramos, embaixador de UNICEF España, súmase á campaña 'Imos asustar o ébola'

A acción está vinculada ao partido 'Champions for Life' que emitirá La1 de TVE o próximo luns 29 de decembro, a partir das 19:00 horas

O xogador do Real Madrid e embaixador de UNICEF Comité Español, Sergio Ramos, únese á campaña 'Imos asustar ao ébola', vinculada a un dos retos do partido solidario Champions for Life: obter fondos para combater a epidemia nos países afectados a través do traballo de UNICEF.

O xogador da Selección Española e do Real Madrid protagoniza un vídeo co obxectivo de sumar apoios para frear a propagación do ébola e conseguir recursos para a protección dos nenos nunha rexión na que máis de 10.000 quedaron orfos dun ou ambos os dous proxenitores.

Outros destacados personaxes do fútbol, como Jorge 'Koke' Resurrección, Ivan Rakitic ou Karim Benzema, os adestradoresJosé Antonio Camacho e Milinko Pantic, e os xornalistas de TVE María EscarioJuan Carlos Rivero e Lourdes García Campos, tamén participan na campaña. Xunto a eles, os nenos AminataSamuel e Sofía, Toni Garrido poñendo a súa voz, e seis membros do equipo sanitario de Medicina Tropical do Hospital La Paz-Carlos III de Madrid: Fernando de la CalleMarta ArsuagaYolanda Fuentes, Belén FernándezVanesa Sánchez e María Gutiérrez, que traballaron na atención e o tratamento dos casos de ébola rexistrados en Madrid.

Vídeo de Sergio Ramos para a campaña 'Imos a asustar ao ébola':

http://bit.ly/1B1gbO3

Para máis información sobre o traballo de UNICEF na loita contra o ébola:

http://www.unicef.es/ebola

Sergio Ramos e UNICEF

Sergio Ramos foi nomeado Embaixador de UNICEF Comité Español o pasado mes de xuño tras sete anos de colaboración constante coa organización. Ao longo dos anos, o xogador veu participando en numerosas campañas e iniciativas de UNICEF Comité Español para a promoción dos dereitos da infancia e para conseguir recursos para os programas de UNICEF no mundo. Entre as súas colaboracións máis destacadas, dende 2008 liderou os partidos solidarios Champions for Africa e I Champions for Life.

"Dous dos meus sonos fixéronse realidade: gañei a Copa do Mundo e puiden viaxar a África e relacionarme alí cos nenos", dicía un orgulloso Ramos ao seu regreso de Senegal tras visitar programas de supervivencia, educación e protección da infancia, días despois de converterse en campión do Mundial de Sudáfrica 2010.

Eles tamén asustaron o ébola:

AMINATA:   https://www.youtube.com/watch?v=BJ4fMeVOTR0

SAMUEL:  https://www.youtube.com/watch?v=orsIY23PShQ

SOFIA:  https://www.youtube.com/watch?v=BdNMfnDBn7A

CAMACHO:  https://www.youtube.com/watch?v=E9lYi-ffn4c

KOKE:  https://www.youtube.com/watch?v=oaZlOFVGU4Q

PANTIC:  https://www.youtube.com/watch?v=Ekr_au4-eqk

Visita a web da campaña:

http://www.unicef.es/sustoebola

http://www.unicef.es/susto

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]