Os nenos levados pola forza en Sudán do Sur aínda non foron liberados
Decenas de nenos levados pola forza por homes armados nun pobo ao norte de Sudán do Sur hai dúas semanas permanecen recrutados á forza como nenos soldado, a pesar dos intensos esforzos para localizalos e liberalos. Hai unha semana UNICEF informou de que 89 nenos que se preparaban para os exames foron recrutados á forza como nenos soldado, pero agora a organización cre que o número de nenos pode ser de centos. Ademais, durante os asaltos dos días 15 e 16 de febreiro, tamén foi secuestrado un grupo de homes adultos.
A raíz da información proporcionada a un equipo
de UNICEF e
os aliados do Mecanismo de Supervisión e Presentación de Informes
de Nacións Unidas (MRM polas
súas siglas en inglés) UNICEF está
seguro de que o grupo armado que se levou aos nenos foi unha
milicia Shilluk ás
ordes de Johnson
Oloni.
Esta milicia está aliñada coas forzas gobernamentais
do SPLA.
Nun intenso exercicio para recompilar información, tanto
en Juba coma
no Estado do Nilo Alto
(onde aconteceron os feitos), UNICEF e
os aliados do MRM,
trataron de reconstruír o que aconteceu durante e despois do
asalto, e descubrir a situación dos nenos. Estase a preparar un
informe oficial de seguimento de Nacións Unidas sobre unha grave
violación dos dereitos da infancia. Un dos desafíos que dificultan
a obtención de probas foi a forte presenza de milicias que quedan
en Wau
Shilluk,
polo que resulta imposible recibir información de primeira
man.
Non obstante, a partir dos informes recibidos ata agora está a
quedar claro que os nenos non están xuntos nun só
grupo. UNICEF cre
que a algúns dos nenos -incluíndo algúns dos alumnos da escola- se
lles permitiu volver ao seu pobo para comer cos seus pais e nalgúns
casos a algúns nenos se lles permitiu ir á escola. Pero pola noite
foron levados de novo.
En conversacións co SPLA en Melut confirmouse
que o recrutamento forzoso dos nenos se levou a cabo e que moitos
dos nenos estaban a ser enviados a Melut.Testemuñas afirmaron
tamén que moitos nenos foron vistos nun campo de adestramento preto
de Wau
Shilluk e
que en Melut,
nenos de tan só 12 anos foron vistos portando armas pero non
uniformados.
O SPLA afirmou
que a milicia de Johnson
Oloni estaba
fóra do seu control.
O representante de UNICEF en
Sudán do Sur, Jonathan
Veitch,
dixo que cando xuntas os diferentes informes testemuñais, se ve con
moita forza que os nenos poderían ter estado a punto de ser
enviados a loitar a Kaká,
uns 45 minutos ao norte de Melut en
barco.
"Tememos que vaian dende a aula á fronte", dixo o representante
de UNICEF en
Sudán do Sur. "UNICEF fai
un chamamento a Johnson
Oloni para
que deixe que os nenos volvan á escola e estean coas súas familias
de inmediato".
Veitch tamén
urxiu ao Goberno de Sudán do Sur a usar calquera influencia que teña para asegurar a
liberación dos nenos.
Para máis información sobre o traballo de UNICEF en Sudán do Sur:
http://www.unicef.es/sudan-del-sur
Acerca de UNICEF
UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.