Máis de 23 millóns de nenos serán vacinados contra a polio en Sirya e outros países de Oriente Medio

sta semana comezou a maior campaña de vacinación posta en marcha en Oriente Medio co obxectivo de vacinar máis de 23 millóns de nenos contra a poliomielite en Sirya e os países veciños.

A campaña de vacinación é crucial para o traballo de resposta ante a aparición dun brote en Sirya, onde se confirmaron 17 casos, e para a detección do virus noutras partes de Oriente Medio. Para deter o brote e evitar unha maior propagación, os impulsores da campaña teñen previsto vacinar en repetidas ocasións durante os próximos meses a todos os nenos menores de cinco anos que vivan en casas ou fosen desprazados polo conflito. Dependendo da zona, as vacinas poñeranse en lugares fixos de zonas poboadas ou indo casa por casa. A campaña de vacinación levarase a cabo por parte das autoridades nacionais e locais de saúde co apoio de UNICEF, a OMS, a Media Lúa Vermella Árabe Sirya e outros aliados. En Sirya, a campaña pretende chegar a 2,2 millóns de nenos, incluídos os que viven en zonas en conflito e os que se perderon a campaña anterior. Moitos nenos en Sirya seguen sendo inaccesibles, sobre todo os que están atrapados en áreas illadas ou os que viven en zonas en conflito. A pesar dos problemas de cobertura, os datos iniciais suxiren que a vacina está a chegar a máis zonas en Sirya que outras intervencións de saúde incluídas en maiores operacións humanitarias. Ademais do traballo en vacinación, estase a traballar para mellorar os sistemas de verificación de datos de cara a futuras campañas nese país azoutado polo conflito. "Todos os nenos sirios deben estar protexidos da enfermidade", dixoAla Alwan, Director Rexional da oficina daOMS en Mediterráneo Oriental. "Para erradicar a poliomielite é necesario que nada impida chegar aos nenos. Facemos un chamamento a todas as partes do conflito en Sirya a cooperar e facilitar pausas nos enfrontamentos durante os próximos 6 meses para permitir que as campañas de vacinación poidan chegar a todos os nenos". "Coma se os nenos en Sirya non tivesen sufrido suficiente, agora teñen que lidar cunha nova ameaza para a súa saúde e benestar ", dixo Maria Calivis, Directora Rexional de UNICEF para Oriente Medio e o Norte de África. "O traballo de vacinación contra a polio é posible grazas ao compromiso de moitos socios, pero só poderemos deter a propagación do virus se chegamos aos nenos que quedaron fóra do noso alcance".

Nos próximos meses, UNICEFten previsto distribuír 10 millóns de dose da vacina contra a polio en Sirya. O primeiro envío, con 2 millóns de vacinas, chegou a Damasco o venres 29 de novembro. O custo total da resposta de UNICEF e a OMS en sete países, dende novembro a abril, é de 39 millóns dólares (28,42 millóns de euros) e parte dun plan estratéxico desenvolvido para Medio Oriente.

Nota:

Ata o 26 de novembro, 17 nenos sufriron parálise en Sirya debido á polio, 15 destes nenos están na gobernación deDeir Ez Zour, un está en Alepo e outro en Douma, preto de Damasco. Antes deste brote non se rexistrara ningún caso de polio dende 1999. O risco de propagación aos países da rexión e máis alá considérase alto, polo que as autoridades sanitarias de 21 países declararon a emerxencia de saúde pública. En toda a rexión se van levar a cabo outras campañas de inmunización contra a poliomielite. En Sirya, levaranse a cabo de xeito mensual ata abril de 2014. O poliovirus, que se orixinou en Paquistán, tamén se detectou en mostras de augas residuais en Exipto en decembro de 2012, e en Israel e en Cisxordania e a Franxa de Gaza a principios de 2013. En Sirya e durante os últimos dous anos, as actividades de vacinación víronse limitadas significativamente polo conflito. A cadea de frío rompeu en moitos distritos e moitos equipos móbiles de saúde non foron capaces de realizar visitas periódicas. Isto provocou que entre 500.000 e 700.000 nenos non puidesen ser vacinados.

Máis información sobre a crise de Sirya:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55- E-mail: [email protected]