EMERXENCIA TIFÓN HAIYÁN/YOLANDA

AirAsia e UNICEF levan subministracións a Tacloban para apoiar as familias afectadas polo super tifón Haiyan

Grazas ao apoio de AirAsia, UNICEF puido levar hoxe subministracións esenciais a Tacloban para apoiar os nenos e familias afectadas polo tifón Haiyan.

O envío inclúe 3.000 kits de hixiene e chegarán aTacloban en tres voos de AirAsia, que puxo a disposición de UNICEF 15 toneladas de espazo de carga. Hoxe saíron os primeiros 100 kits de hixiene á zona máis afectada desta rexión. Cada kit inclúe subministracións de hixiene abondo para unha familia de seis persoas e está composto de xabóns, colectores de auga, pasta de dentes, cepillos de dentes, deterxente e toallas sanitarias. En total, 18.000 persoas poderanse beneficiar destas subministracións. "As empresas aliadas de UNICEF son moi importantes nun momento como este, no que todos temos que unirnos para chegar aos nenos vulnerables afectados por esta emerxencia. Agradecemos a AirAsia a súa xenerosidade", dixo o Representante deUNICEF en Filipinas, Tomoo Hozumi.Calquera persoa pode colaborar con este traballo a través de UNICEF Comité Español:

  •           Enviando un SMS** coa palabra UNICEF ao 28028
  •           Realizando a súa contribución a través de www.unicef.es

-          Chamando al 902 31 41 31

-          Nas seguintes contas bancarias:

BBVA           0182 2370 40 0208517159

Caixabank   2100 5731 70 0200005001

Santander   0049 1804 16 2610410756

Banesto       0030 8301 78 0000046271

ING Direct   1465 0100 95 6000000000

 

Máis información sobre a emerxencia en Filipinas:

http://www.unicef.es/emergencia-tifon-filipinas

 

Para descargar vídeos e fotos:

ftp://video.unicef.es/filipinas

Usuario: Refcom

Contrasinal: uce442087

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

[email protected]