A devastación provocada polo tifón Haiyán segue sendo unha ameaza para os nenos

Os nenos necesitan apoio e retomar a súa educación para superar o trauma e lograr a súa recuperación

O Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake, declarou que, tras visitar Filipinas, se encontra profundamente impresionado polo espírito das persoas e as comunidades que traballan co goberno, as Nacións Unidas e outros aliados para reconstruír as súas vidas e o seu futuro.

O super tifón interrompeu as vidas de case seis millóns de nenos e destruíu as vivendas de 1,4 millóns de nenos e as súas familias. "Aínda que sigo con atención os informes de progreso que chegan á sede de UNICEF en Nova York, non hai estatísticas que poidan reflectir os desafíos físicos e humanos que aínda continúan", dixo Lake. Vin aquí non só para ver os avances en persoa, senón tamén para dar as grazas ao noso persoal de UNICEF que estivo aquí dende o principio e continuará apoiando o traballo de reconstrución a longo prazo. "UNICEF mobilizou expertos de todo o mundo para apoiar o traballo humanitario no país, incrementando o persoal sobre o terreo a máis de 100 persoas para levar a cabo un plan de recuperación que fortaleza os servizos para os nenos. Isto inclúe traballar co goberno e os seus aliados para que os nenos volvan estudar, fortalecer o sistema de protección da infancia, traballar no restablecemento e rehabilitación dos sistemas de auga e da cadea de frío para distribuír vacinas con seguridade e apoiar os nenos ameazados pola desnutrición. A axencia especializada na infancia axudou a restaurar a auga na cidade de Tacloban oito días despois de que o tifón golpease a cidade, e ten como obxectivo contribuír a reestablecer a auga potable en máis de 60 comunidades. O goberno de Filipinas reabriu algunhas escolas na zona o pasado 2 de decembro, e os directores e educadores xa están a traballar para axudar aos nenos a retomar as clases, mesmo sen libros nin aulas. En todas as illas, as comunidades están a traballar xuntas para limpar as escolas. Montáronse 193 tendas de campaña para ser utilizadas como escolas con capacidade para preto de 20.000 estudantes e máis de 50.000 nenos benefícianse dos materiais escolares distribuídos por UNICEF.UNICEF está a distribuír tendas amigas da infancia para nenos e tendas para nais e bebés con persoal voluntario formado en apoio psicosocial para axudar aos nenos a superar a dor provocada polas vivencias que sufriron. UNICEF tamén está a traballar estreitamente con mestres e administradores para apoiar os desafíos que representa traballar con nenos que sufriron unha gran perda.

A axencia dedicada á infancia formou 44 policías e traballadores sociais nas zonas afectadas para que poidan identificar os nenos que foron separados das súas familias e poidan necesitar un coidado especial. "Nada disto se podería ter feito sen o apoio que UNICEF Filipinas está recibindo dende todo o mundo, especialmente das persoas e os aliados do sector privado que colaboran a través dos nosos comités nacionais," dixo Lake.Lake reuniuse e falou con nenos, mestres e pais de familia en numerosas escolas, espazos educativos, tendas de campaña e puntos de vacinación en Leyte e Samar del Este.

Para descargar fotos e videos da visita de Anthony Lake:

http://weshare.unicef.org/mediaresources
 

Calquera persoa pode colaborar con este traballo a través de UNICEFComité Español:

- Enviando un SMS** coa palabra UNICEF ao 28028

- Realizando a súa contribución a través de www.unicef.es

- Chamando ao 900 907 900

- Nas seguintes contas bancarias:

BBVA              0182 2370 40 0208517159

Caixabank       2100 5731 70 0200005001

Santander       0049 1804 16 2610410756

Banesto          0030 8301 78 0000046271

ING Direct       1465 0100 95 6000000000

BANKIA           2038 1540 61 6000269955

Máis información sobre a emerxencia en Filipinas:

http://www.unicef.es/emergencia-tifon-filipinas

Más información:

Dailo Allí

Jefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

[email protected]