Declaración de Anthony Lake, director executivo de UNICEF, sobre a situación en Iemen

"Parece que o número de vítimas é máis elevado cada día. A noticia de que dous nenos máis foron asasinados e outros seis feridos na escalada do conflito en Iemen pon de relevo a necesidade urxente de adoptar medidas para protexer á infancia - e para poñer fin ás hostilidades que están a devastar as súas vidas e o seu futuro.

Dende que o conflito se intensificou en marzo, ata 135 nenos foron asasinados e 260 feridos. Case un terzo das mortes aconteceron na cidade costeira de Adén, onde a violencia aumentou de novo nos últimos días.

Cada unha destas mortes é unha traxedia persoal e un duro recordatorio da magnitude que está a adquirir o conflito en Iemen. Tamén é a crua evidencia da natureza da violencia, que se ceba cos grupos xa vulnerables, poñendo os nenos nunha maior situación de risco.

As últimas vítimas do conflito pertencen á comunidade Muhamasheen,un grupo que sufriu décadas de discriminación e ostracismo en Iemen. As familias deste asentamento están a fuxir dos seus fogares.

Os nenos non deben seguir pagando o prezo da violencia en Iemen. Todas as partes no conflito están obrigadas polo dereito internacional humanitario a protexer os nenos de calquera dano. Como mínimo, debe haber unha pausa humanitaria para permitir que as subministracións vitais cheguen aos feridos, os enfermos, os vulnerables e a todos aqueles afectados pola violencia.

Pero só o fin absoluto das hostilidades pode protexer aos nenos de Iemen. Eles son o futuro de Iemen. "

Para acceder a vídeos e fotos:  http://uni.cf/1CggcN0

Para coñecer máis e colaborar co traballo de UNICEF en emerxencias:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria

Más información:

Rajat Madhok, UNICEF Yemen, +962 79 827 0912, [email protected]

Juliette Touma, UNICEF Regional Office for the Middle East and North Africa, +962 79 867 4628, [email protected]

Najwa Mekki, UNICEF New York, +917 209 1804, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, [email protected], 609 160 051 / 91 378 95 55