62 millóns de nenos necesitan axuda de emerxencia en 71 países

UNICEF presenta o seu informe de acción humanitaria cun chamamento de 3.100 millóns de dólares para prestar a asistencia necesaria. É o maior chamamento de emerxencias na historia da organización e a maior parte corresponde ás crises de Sirya e do ébola.

UNICEF presentou un chamamento por 3.100 millóns de dólares (máis de 2.700 millóns de euros) "o maior xamais realizado" para chegar a 62 millóns de nenos que se atopan en situación de risco en diversas crises humanitarias de todo o mundo. Este chamamento supón un aumento de 1.000 millóns de dólares nas necesidades de financiamento con respecto ao ano pasado.

"Os nenos e nenas de todo o mundo, que sofren desde desastres naturais mortais até conflitos brutais e epidemias de rápida propagación, fan fronte a unha nova xeración de crises humanitarias", dixo Afshan Khan, Directora de Programas de Emerxencia de UNICEF. "Tanto se aparecen nos titulares coma se permanecen ocultas para o público, as situacións de emerxencia provocadas pola fractura social, o cambio climático e as enfermidades están a axexar aos nenos dun modo que non viramos nunca antes".
 
Un número cada vez maior de nenos fan fronte a conflitos complexos e destrutivos, a desastres naturais e a outras situacións de emerxencia, incluída a epidemia do ébola; todo iso situoulles nunha extraordinaria situación de perigo debido á violencia, a fame, a enfermidade e o abuso, e cada vez son necesarios máis recursos para abordar a situación.
 
Máis de 1 de cada 10 nenos no mundo (ou 230 millóns) viven actualmente en países e zonas afectadas por conflitos armados.
 
"Acabo de regresar de Siria e Líbano, onde millóns de nenos viron como se desgarraban as súas vidas", dixo Afshan Khan. "Durante o últimos catro anos, estes nenos foron testemuñas todos os días da violencia e da morte, e careceron dos elementos máis básicos para vivir. Este chamamento contribuirá a garantir un futuro non soamente para os nenos de Siria, senón para todos os nenos do mundo que sofren as consecuencias das crises humanitarias".
 
O chamamento da edición 2015 deAcción Humanitaria para a Infancia de UNICEF ten como obxectivo axudar a un total de 98 millóns de persoas, das cales ao redor de dúas terceiras partes son nenos, en 71 países.
  •       A proporción maior do chamamento é para Siria e a subregión. UNICEF solicita 903 millóns de dólares para a resposta rexional dirixida a protexer aos nenos en situación de risco e ofrecer asistencia vital como vacúas, auga e saneamento, e educación.
  •       UNICEF fai un chamamento por 500 millóns de dólares para acelerar os seus labores no corazón das comunidades afectadas polo ébola. O diñeiro será utilizado para ampliar os esforzos dirixidos a illar e tratar todos os casos rapidamente, evitar novos brotes, e seguir promovendo comportamentos saudables para previr a propagación da enfermidade. A meta para 2015 é chegar a cero casos e apoiar a revitalización dos servizos sociais básicos.
  •       En Nixeria, onde os ataques de grupos armados intensificáronse nos últimos anos, provocando que máis de 1 millón de persoas no nordés tivesen que fuxir dos seus fogares, UNICEF está a solicitar 26,5 millóns.
  •      Un ano despois do inicio do conflito en Ucraína, UNICEF fai un chamamento por 32,45 millóns de dólares debido a que o país fai fronte a unha crise humanitaria, xa que 5,2 millóns de persoas viven en zonas de conflito, hai máis de 600.000 desprazados internos e uns 1,7 millóns de nenos están afectados.
O chamamento inclúe tamén outras graves crises esquecidas que non reciben fondos suficientes, pero que puxeron aos nenos e as nenas nunha situación de necesidade desesperada; entre elas cabe destacar as crises de Afganistán (soamente financiado nun 35% en 2014), do Estado de Palestina (soamente financiado nun 23% en 2014) e de Níxer (só financiado nun 35% en 2014).
 
Ademais da resposta humanitaria inmediata, os fondos recadados facilitarán os labores que UNICEF realiza de maneira conxunta con outras organizacións aliadas a fin de preparar aos países para desastres futuros mediante o fortalecemento dos sistemas nacionais de preparación e a capacitación das comunidades para que poidan axudarse a si mesmas.
 
"Este chamamento chegará aos nenos máis vulnerables, onde queira que estean", dixo Khan. "O lugar onde nace un neno non debe determinar o seu destino. Temos que ofrecer servizos esenciais aos nenos coas maiores necesidades, proporcionándolles os elementos básicos que lles permitan crear un futuro máis pacífico. Non se trata soamente da acción humanitaria inmediata, xa que estes investimentos a curto prazo xerarán beneficios a longo prazo".
 
En 2014, UNICEF chegou a millóns de nenos con axuda humanitaria, incluíndo a vacinación de 16 millóns de nenos contra o sarampión, o tratamento de 1,8 millóns de nenos contra as formas máis graves de desnutrición, os servizos de apoio psicolóxico a case 2 millóns de nenos e o abastecemento de auga potable a 13 millóns de persoas. Dous millóns de nenos recibiron tamén unha mellor educación, un elemento crucial da resposta de emerxencia de UNICEF, xa que axuda a restablecer unha sensación de normalidade entre os nenos e ofrécelles unha esperanza para o futuro.

# # #

O chamamento de Acción Humanitaria para a Infancia de UNICEF de 2015 e a información sobre os países mencionados pódese obter aquí a partir das 09:30 GMT do 29 de xaneiro de 2015: www.unicef.org/appeals

Para descargar fotos e vídeos:

ftp://video.unicef.es/HAC2015

Usuario: Refcom

Contrasinal: uce442087

Nota para os editores

Os 71 países e zonas que aparecen no chamamento de Acción Humanitaria para a Infancia de 2015 destácanse segundo a escala das súas crises, a urxencia do seu impacto sobre os nenos e as mulleres, a complexidade da resposta e a capacidade de responder.

Para contribuir ao traballo de UNICEF en emerxencias:

https://www.unicef.es/emergencias-ayuda-humanitaria

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes. 

Más información:

Christophe Boulierac, UNICEF Xenebra, Tel: +41 (0)22 909 5716, Móvil: +41 (0) 799639244, [email protected]

Rose Foley, UNICEF Nova York, Tel: + 1 212 303 7987, Móvil: + 1 917 340 2582, [email protected]

Najwa Mekki, UNICEF Nova York, Tel: +1-212-326-7448, Móvil: +1 917 209 1804  [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]