Filipinas: o traballo de UNICEF 5 meses despois do tifón Haiyan

Cinco meses despois do paso do tifón Haiyan (Yolanda) por Filipinas, UNICEF continúa traballando sobre o terreo para reconstruír o país e conseguir cambios reais nas vidas dos 5,5 millóns de nenos que resultaron afectados.

 

A resposta á emerxencia supuxo un momento de tremendasolidariedade a todos os niveis. Deste xeito, púidose evitar que máis nenos morran, e protexelos e axudarlles a superar as experiencias traumáticas que viviron. O obxectivo do traballo de UNICEF nunha emerxencia é garantir que os nenos teñen os mesmos dereitos que nunha situación normal, é dicir, acceso a servizos básicos deauga e saneamento, nutrición axeitada eeducación, así como asegurar que estánprotexidos fronte á violencia, abusos ou maltratos. Grazas a todas as colaboracións e as achegas de millóns de doadores en distintos países, e da comunidade internacional, UNICEF xacubriu os fondos necesarios para desenvolver a fase urxente do Plan de Resposta ás necesidades inmediatas de nenos e familias para todo2014. UNICEF Comité Español conseguiu 7,6 millóns de euros grazas amiles de socios, doadores eentidades privadas e públicas.

Filipinas: LOGROS CONSEGUIDOS EN 5 MESES

Durante estes 5 meses UNICEF e os seus aliados respondeu ás necesidades da poboación nas áreas de protección, educación, nutrición, saúde e auga, saneamento e hixiene conresultados esperanzadores:

  • Máis de 930.000 persoas teñenacceso a auga potable e máis de 231.000 nenos recibiron kits de hixiene nas escolas.
  • Máis de 83.000 nenos foronvacinados contra o sarampelo e82.000 contra apolio.
  • 500.000 nenos accederon aespazos temporais de aprendizaxe. UNICEF apoiou a campaña de volta á escola, que empezou en novembro nalgunhas escolas que aínda podían utilizarse e continuou de xeito masivo o 6 de xaneiro.
  • Analizouse o estado nutricional de97.000 nenos e non se apreciou un aumento significativo da desnutrición. Tomáronse medidas preventivas, como a distribución de vitamina A para 55.300 nenos.
  • Máis de 24.000 nenos recibironapoio psicosocial nos espazos amigos da infancia. Así mesmo púxose en marcha un mecanismo para a identificación rápida de nenos separados das súas familias co obxectivo de reunilos con elas se fose posible e, se non o fose, tomar as medidas para que o neno estea protexido de malos tratos, abusos e violencia.

A recuperación só está a empezar, e requirirá investimentos durante varios anos para poder reconstruír as comunidades e facelas máis seguras para os nenos. Pero por riba de todo destacan a alta capacidade do pobo e do Goberno filipinos para sobrepoñerse ao que supuxo o tifón nas súas vidas, e para recomenzar o seu día a día despois da devastación.