Ébola en África: pode estenderse a epidemia?

O brote de ébola en África está castigado duramente a Guinea, Liberia e Serra Leoa, pero, pode estenderse tamén aos países veciños?

Respóndenos a esta pregunta o doutor Peter Salama, recentemente nomeado Coordinador de UNICEF para a emerxencia do ébola:

"Xa se deu un caso de ébola en Malí e pode haber máis por vir. En realidade, xa se deron pequenos brotes en Nixeria e deuse outro caso en Senegal. Pódese dicir que todos os países do noso ámbito están en risco e que vimos brotes en Nixeria e un caso en Senegal. Así que, mentres se sigan dando casos nos tres países máis afectados, os países do ámbito, e de feito todos os países, se encontran en risco", explica.

Ébola en África: as infeccións en Liberia retárdanse

A lección fundamental aprendida da desaceleración da epidemia nalgunhas partes de Liberia é que as propias comunidades son a clave da resposta ante o ébola. Así que en Liberia, especialmente nos condados de Lofa, e Monrovia, onde en agosto o número de mortes alcanzou o seu punto máximo, as propias comunidades tomaron a decisión de cambiar os comportamentos e as prácticas.

"A xente deixou de asistir aos enterros e levaron os seus familiares enfermos rapidamente a que os tratasen nos centros de saúde. Esta foi probablemente a razón máis importante pola que estamos a ver unha estabilización en partes de Liberia", sinala o doutor Salama, "seguir con este tipo de medidas evitará que o ébola se estenda aos países veciños".

"Por suposto que a resposta internacional tamén axudou moito e UNICEF multiplicou os esforzos para enviar máis de 3.000 toneladas de subministracións ás rexións afectadas", engade. "Aínda hai un longo camiño por percorrer e temos que seguir axudando aos países máis afectados polo ébola en África", conclúe.

Fai un donativo para frear o ébola.