Unha vitoria posible: a axuda internacional e a supervivencia infantil en Bolivia

Ao longo das dúas últimas décadas, Bolivia logrou reducir á metade as mortes de nenos menores de cinco anos e podería encamiñarse cara á consecución do obxectivo de desenvolvemento do milenio en materia de supervivencia infantil, que esixe reducir os niveis en dous terzos. Segundo o informe Unhavitoria posible: a axuda internacional e a supervivencia infantil en Bolivia, as claves do éxito son unha combinación de factores preventivos e paliativos que involucran a gobernos nacionais, sociedade civil e países doadores. A construción e ampliación dun sistema de saúde materno-infantil baseado en seguros sanitarios, programas de vacinación e axudas ás familias permitiron ao estado máis pobre de sudamérica evitar a morte de 231.000 nenos menores de cinco anos entre 1990 e 2011.