Unha aposta pola infancia

UNICEF España quere formular aos partidos políticos, para a súa inclusión nos programas electorais, dúas propostas de especial importancia para a infancia máis vulnerable:

  • A elaboración e posta en marcha dun Plan Nacional contra a Pobreza Infantil de acordo coa recomendación do Comité dos Dereitos do Neno de 2010.
  • O mantemento dos compromisos coa Axuda Oficial ao Desenvolvemento e os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio de Nacións Unidas asumidos no Pacto de Estado contra a Pobreza de 2007.

Máis de oito millóns de nenos en España e as súas familias deben ser obxecto de especial atención nos programas electorais dos partidos políticos para as próximas eleccións xerais do 20 de novembro de 2011.