Small hand, heavy burden.

O conflito e a crise humanitaria en Sirya están a provocar un aumento cada vez maior dos nenos que son explotados no mercado laboral, segundo un novo informe lanzado por Save the Children e UNICEF, que manifesta que se debería facer moito máis para reverter esta tendencia.

O informe mostra que en Sirya os nenos contribúen aoingreso familiar en máis de tres cuartas partes dos fogares enquisados. En Xordania, preto da metade do total dos nenos sirios refuxiados son actualmente o sustento da familia nos fogares enquisados, individual ou conxuntamente con outros membros da unidade familiar. Segundo se informa, nenos de ata seis anos traballan nalgunhas zonas de Líbano.

De todos os nenos que traballan, os máisvulnerables son aqueles involucrados enconflitos armados, explotación sexual e actividades ilícitas que inclúen a mendicidade organizada e o tráfico de nenos.

Os nenos estanse a converter en Sirya e en toda a rexión nosprincipais actores económicos. Ademais un número crecente de nenos están empregados en condicións de traballo daniñas, en risco de sufrir danos graves para a súa saúde e benestar. De feito, tres de cada catro nenos que traballan, enquisados no campo de refuxiados de Za'atari en Xordania, informaron sobre problemas de saúde no traballo.

Ademais, os nenos que traballan son máis propensos aabandonar a escola, o que se suma ao temor dunha "xeración perdida" de nenos sirios.