Memoria Anual 2014 de UNICEF España

Tal e como destaca o noso presidenteCarmelo Angulo: "En 2014 dedicamos 46,6 millóns de euros aos nosos programas de cooperación e emerxencias en máis de 150 países e tamén ao traballo que desenvolvemos en España. O noso obxectivo é reducir a cero a mortalidade infantil, que todos os nenos vaian á escola, que non haxa traballo infantil, nin abusos... Somos optimistas".

Nesta Memoria explicamos o traballo que fixemos grazas ás achegas de socios, doadores particulares, empresas, fundacións, medios de comunicación, amigos, embaixadores, seguidores en redes sociais, centros educativos e administracións públicas.

Contribuímos ao traballo global de UNICEF que logrou que 31 millóns de persoas teñan acceso a auga potable, 22 millóns de nenos estean protexidos contra o sarampelo en situacións de emerxencia ou que 10.204 nenos soldado queden libres dos grupos armados, entre outros grandes logros", engade Carmelo Angulo.

UNICEF Comité Español foi en 2014 o noveno comité en achega de fondos a UNICEF, a maior parte con destino aos Recursos Regulares (RR). Os RR son fondos que non teñen un destino xeográfico ou unha temática fixada, e UNICEF pódeos utilizar, sen restricións, naqueles lugares ou programas que os nenos necesitan máis en cada momento.

Os nosos recursos proveñen das contribucións voluntarias, tanto de cidadáns coma do sector privado e as administracións públicas. Os ingresos de UNICEF Comité Español en 2014 ascenderon a 64.770.545 euros. Destes fondos, a maior parte (88,3%) procede do sector privado (socios, doadores, empresas e fundacións).

Grazas a todos polo voso apoio e pola vosa determinación para construír un mundo máis xusto para todos os nenos.

Tamén está dispoñible en
versión online.

A Memoria Anual 2014de UNICEF Comité Español recolle o traballo e osresultados pola infancia obtidos en 2014 pola organización, en colaboración con socios, doadores e colaboradores, institucións públicas e privadas.