Las niñas, el VIH/SIDA y la Educación (As nenas, o VIH/SIDA e a educación)

A educación é crucial para obter resultados contra a pandemia. De feito, UNICEF segue convencido de que ata que non se atope un remedio eficaz, a educación é un dos instrumentos máis efectivos para deter o VIH/SIDA. Carol Bellamy, Directora Executiva de UNICEF.

O informe sinala que os mozos de  entre15 a 24 anos constitúen na actualidade até unha cuarta parte dos aproximadamente 38 millóns de persoas que viven con VIH/SIDA. Máis da metade dos 5 millóns de persoas que contraeron a enfermidade en 2003 tiñan menos de 25 anos. A maioría destas novas infeccións producíronse entre mulleres novas.