Hacia el logro de los ODM: Invertir en infancia es financiar el desarrollo (Cara ao logro dos ODM: Investir en infancia é financiar o desenvolvemento)

Fai dez anos, os dirixentes mundiais comprometéronse a lograr a vixencia plena dos dereitos dos nenos á supervivencia, a saúde, a educación, a protección e a participación mediante a aplicación de medidas concretas.

En maio de 2002, a infancia volveu estar no punto de mira da esfera internacional: a Sesión Especial da Asemblea Xeral de Nacións Unidas supuxo unha ocasión incomparable de pór sobre a mesa as súas problemáticas.

Como resultado desta sesión, xurdiu o documento:Un mundo apropiado para a infancia que constituíu o compromiso manifesto dos Xefes de Estado de 180 países de conseguir avances notables en esferas vitais para os nenos.