Estado Mundial de la Infancia 2006 (Estado Mundial da Infancia 2006)

 

O informe sobre o Estado Mundial da Infancia 2006 examina a situación dos nenos e nenas máis vulnerables do mundo. As vidas de millóns de nenos e nenas transcorren no medio da pobreza, o abandono, a ausencia de educación, a discriminación, a falta de protección e a vulnerabilidade. A exclusión pode ameazar a súa capacidade para participar plenamente algún día na sociedade.

Centos de millóns de nenos e nenas son vítimas de graves formas de explotación e discriminación e son virtualmente invisibles para o mundo. Os seus dereitos a unha infancia segura e sa resultan difíciles de protexer.