Education under fire

 
O estudo está centrado no impacto da violencia nos nenos en idade escolar e nos sistemas educativos de nove países (Sirya, Iraq, Líbano, Xordania, Turquía, Iemen, Libia, Sudán e Estado de Palestina) que se viron directa ou indirectamente afectados pola violencia.
Os ataques a escolas e instalacións educativas -ás veces deliberados- son un dos motivos fundamentais polos que os nenos non van a clase.

Só en Sirya, Iraq, Iemen e Libia, preto de 9.000 escolas están inutilizadas. En Xordania, Líbano e Turquía máis de 700.000 nenos sirios non poden ir á escola porque a infraestrutura educativa nacional está sobrecargada e non pode asumir unha carga extra de alumnos.

O medo dos profesores, que ás veces abandonan os seus postos, e o dos pais, que non queren mandar os seus fillos á escola por motivos de seguridade, son outros factores que causaron que millóns de nenos estean fóra das aulas.

O informe destaca unha serie de iniciativas -como a autoaprendizaxe e espazos de aprendizaxe ampliados- que axuden aos nenos a estudar mesmo nas circunstancias máis desesperadas.

Segundo o informe, merece máis apoio especialmente a iniciativa No Lost Generation, lanzada en 2013 por UNICEF e outras organizacións coas que traballa para impulsar un maior apoio internacional ás necesidades ed
ucativas e de protección dos nenos afectados pola crise de Sirya.

 

Os crecentes conflitos e a convulsión política en Oriente Medio e o Norte de África impiden que máis de 13 millóns de nenos vaian á escola, segundo o informe Educación baixo o lume publicado hoxe por UNICEF.