UNICEF:un de cada catro nenos non está vacinado e corre perigo

Un millón e medio de nenos non terían morto en 2011 se tivesen sido vacinados, sinala UNICEF ao comezo da Semana Mundial da Vacinación. Pero un de cada cinco nenos nunca recibe as vacinas que salvan vidas debido á exclusión social ou xeográfica, á falta de recursos, ás deficiencias nos sistemas de saúde ou a conflitos como os que sacoden actualmente a Sirya e partes de África occidental.

Todos os recén nacidos necesitan ser inmunizados para protexer mellor a súa saúde, e estímase que as vacinas salvan as vidas de 2 a 3 millóns de nenos todos os anos, o que representa un dos maiores logros en materia de saúde pública, segundo os Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos. A inmunización é unha intervención de saúde pública altamente eficaz con respecto ao seu custo, xa que por menos dun dólar se pode protexer un neno contra o sarampelo para o resto da súa vida.


En 2010, non obstante, non se inmunizou 22,4 millóns de nenos e nenas, un millón máis que o ano anterior.

 

UNICEF teme que as actividades realizadas a nivel mundial para vacinar a todos os nenos e nenas se paralizasen pola falta de financiamento e de vontade política. En 2011, soamente 152 dos 193 estados membros da Organización Mundial da Saúde dedicaron algunha partida do seu presuposto á vacinación.


As desigualdades persisten dentro dos países e entre eles. En todos os países, os nenos das familias máis ricas teñen un maior acceso a servizos mellorados de saúde, e gozan de taxas máis altas de cobertura de vacinación.


A non ser que se aborden estas diferenzas non será posible vacinar a todos e cada un dos nenos, di UNICEF. Ademais, investir na vacinación de xeito sistemático como parte dun proceso de mellora dos sistemas de atención sanitaria beneficiará a todos os nenos, e polo tanto reducirá aínda máis as inequidades. Para iso, os gobernos teñen que proporcionar financiamento abondo, débese alentar a innovación -como a recente introdución das vacinas contra a pneumonía e a diarrea- e, máis importante aínda, é necesario que se preste un firme apoio político á ampliación dos beneficios das vacinas aos nenos e nenas que viven nas familias máis pobres e nos lugares máis remotos.

Posición única de UNICEF 
 

UNICEF adquire vacinas que chegan o 36% dos nenos e nenas do mundo. En 2012, UNICEF adquiriu case 1.900 millóns de dose de vacinas e máis de 500 millóns de xiringas. Como maior comprador de vacinas do mundo, UNICEF traballa para manter os prezos das vacinas a un nivel que permita aos países de baixos e medianos ingresos adquirilas. UNICEF e os seus aliados apoian programas de inmunización en máis de 100 países.


A nivel de país,UNICEF e os seus aliados apoian aos gobernos na optimización das cadeas de subministración de vacinas para que os equipos e a loxística manteñan as vacinas a temperaturas estables en cada unha das etapas do almacenamento e transporte, ata que chegan aos nenos. UNICEF tamén traballa para aumentar a concienciación da comunidade con respecto á vacinación, e a súa aceptación.


Cando se producen situacións de emerxencia, os nenos son os máis vulnerables, e as campañas de vacinación son un elemento fundamental. O sarampelo é unha das primeiras enfermidades altamente contaxiosas que xorden en calquera situación humanitaria; recentemente rexistráronse brotes desta enfermidade en Sirya, Paquistán, Nixeria e a República Democrática do Congo.

 

A enorme repercusión da vacinación, reflíctese de xeito evidente na crise de Sirya. O ano pasado, UNICEF e os seus aliados vacinaron 1,3 millóns de nenos e nenas contra o sarampelo e a 1,5 millóns contra a poliomielite, e na actualidade está en marcha unha campaña para chegar a 2,5 millóns de nenos e nenas coa vacina contra o sarampelo. Non obstante, a escaseza de fondos uniuse aos enormes problemas de acceso e aos desprazamentos a grande escala da poboación complica máis que nunca chegar a todos os nenos.


Os esforzos conxuntos realizados para vacinar aos nenos reduciron ou eliminado a incidencia das enfermidades máis desvastadoras:
A varíola foi erradicada en 1980. A poliomielite foi eliminada recentemente na India e é agora endémica en só tres países: o Paquistán, Nixeria e o Afganistán.


Entre 2000 e 2011, as mortes por sarampelo descenderon un 71% en todo o mundo. Ademais, 29 países eliminaron as tétanos neonatais entre 2000 e 2013.

Nota para redactores:
                                                                                                                           

A Semana Mundial da Vacinación é unha iniciativa global que se celebra todos os anos a finais de abril para promover o uso de vacinas que salvan vidas, un dos instrumentos máis potentes que ten o mundo para vacinar os nenos contra unha serie de enfermidades mortais.


A semana ofrece a oportunidade de promover a idea de que é importante chegar ata o último neno con vacinas esenciais, así como de aumentar os fondos e mellorar os programas nacionais de inmunización.


Durante a Semana Mundial da Vacinación 2013, UNICEF, cos seus aliados gobernamentais e das Nacións Unidas, aumentará a concienciación sobre a urxencia de chegar ata o último neno por medio de eventos a nivel de país e actividades de comunicación nas redes sociais e os medios de comunicación tradicionais.

 

Entre os puntos máis destacados figuran:

. A realización de campañas de vacinación para os refuxiados de Malí desprazados polos conflitos e as comunidades de acollida en Mauritania. Os nenos recibirán vacinas contra o sarampelo, a poliomielite, a difteria, atosferina e tétanos. Tamén se examinará os menores de cinco anos para detectar casos de desnutrición.


. A introdución de novas vacinas en Uganda, Somalia, República Democrática do Congo, Zambia, Angola e Haití.


. A realización de proxeccións nocturnas de documentais sobre a inmunización nas comunidades rurais de Liberia.


. A presentación dunha serie "educativa e entretida" para os adolescentes en Ucraína.

. A realización dunha campaña de SMS en Malauiano alentando as familias a que vacinen os seus fillos.


. A celebración de "Días abertos sobre o terreo" en Gambia, onde os traballadores de saúde implicarán as comunidades na inmunización con competicións de preguntas, premios e proxeccións nocturnas de documentais nas comunidades rurais.


. A proxección na televisión nacional da República Democrática do Congo dun curto sobre a inmunización protagonizado por comediantes coñecidos, e a emisión na radio dunha canción realizada por famosos músicos congoleses.


UNICEF poñerá na súa web e nas redes sociais materiais describindo as actividades de inmunización en todos os países, incluídos o Afganistán, Nixeria e o Paquistán, onde a poliomielite segue sendo endémica.

Síganos en #vaccineswork.          
 
                             

Más información:

 

Dailo Alli, Xefe de prensa UNICEF España, Tel: 609 160 051, [email protected]