UNICEF vacinará máis de 800.000 persoas contra a febre amarela en Costa de Marfil

Mañá poñerase en marcha unha campaña de vacinación contra a febre amarela dirixida a máis de 830.000 adultos e nenos de máis de nove meses en catro distritos deste país de África occidental. A campaña terá unha duración dunha semana.

Abidjan, Costa de Marfil -  "Estamos moi agradecidos á Alianza Global pola Vacinación e Inmunización, GAVI, por subministrar as vacinas contra a febre amarela, e aos nosos colaboradores da Organización Mundial da Saúde por traballar con UNICEF para facer posible esta campaña crucial" asegurou Sylvie Dossou, responsable de UNICEFen Costa de Marfil. "Esta vacinación serve tamén para demostralo ao mundo que a pesar da impase política que hai no país, as tarefas humanitarias continúan en Costa de Marfil e que estamos a atender aos máis vulnerables. " A campaña desenvolverase nos distritos de Katiola e Beoumi onde dende o mes de novembro se rexistraron 66 casos de febre amarela, dos que 25 faleceron (unha taxa de mortalidade do 35%). Os equipos de inmunización tamén traballarán nos distritos deSeguela e Mankono. "Trátase dunhas extensas zonas rurais onde as taxas de vacinación infantil son inaceptablemente baixas" sinalou a doutoraEli Ramamonjisoa, responsable da sección de Supervivencia Infantil de UNICEF en Costa de Marfil. "Tamén estamos a traballar cos nosos aliados para almacenar vacinas e antirretrovirales en todo o país, especialmente nas zonas máis afectadas" engadiu. A gravidade da febre amarela, unha infección potencialmente letal transmitida por mosquitos, é tal que un só caso confirmado no país constitúe unha epidemia. Ata o momento non hai cura coñecida, pero unha dose da vacina é capaz de inmunizar unha persoa durante dez anos.

Acerca de UNICEF

UNICEF traballa no terreo en máis de 150 países e territorios para tratar de garantir aos nenos e as nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas e a protección dos nenos e as nenas contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA.UNICEF está financiado na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos.

Más información:

Dailo Allí
Xefe de Prensa de UNICEF España
Teléfonos: 609 160 051 91 378 95 55
E-mail: [email protected]