UNICEF teme polo benestar dos nenos tras o terremoto en Nepal

UNICEF está a mobilizar unha resposta urxente para atender as necesidades dos nenos afectados polo terremoto de hoxe en Katmandu, Nepal. Cos nenos representando a metade da poboación do país, UNICEF teme que este desastre, que xa provocou a morte de centos de persoas, teña un grave impacto nos nenos.

UNICEF ten subministracións, posicionadas con anterioridade, incluíndo comprimidos de purificación de auga, kits de hixiene, lonas e subministracións de nutrición, e está a traballar cos gobernos e outros aliados para atender as necesidades inmediatas dos nenos en materia de auga e saneamento, protección da infancia, saúde e nutrición.

O terremoto de 7,9 destruíu edificios, as redes de telefonía móbil reducíronse en moitas áreas e non hai electricidade.

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.

Más información:

Para máis información e solicitude de entrevistas:

Rupa Joshi, UNICEF Nepal, [email protected]

Chris Tidey, +1 917 909 9542, [email protected]

Rose Foley, UNICEF Nova York, +1917 340 2582, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]