UNICEF: os nenos de Sudán do Sur enfróntanse a unha grave escaseza de auga

Os enfrontamentos da semana pasada provocaron que se duplicase o número de persoas refuxiadas na base da ONU

Decenas de miles de persoas que fuxiron a semana pasada da violencia étnica en Bentiu están a recibir só un litro de auga potable ao día na masificada base da ONU na que se encontran refuxiados, segundo advertiu hoxe UNICEF.

A axencia da ONU para a infancia asegura que o enorme fluxo de persoas -máis de 10.000 persoas chegaron a semana pasada ao centro de protección de civís da ONU, elevando a 23.000 o número de persoas acollidas-, xunto coa violencia continuada e o inicio da tempada de chuvia, aumentan a presión á que se ven sometidas as tarefas de resposta. "Os que lograron sobrevivir á terrible violencia, agora enfróntanse ao risco de poder contraer algunha enfermidade mortal transmitida pola auga", dixo o Representante de UNICEF en Sudán do Sur, Jonathan Veitch. "Os nenos sufriron unha violencia indescritible e non deben seguir sufrindo en lugares que deberían dar seguridade. " Os camións que levan a diario auga potable ao campamento están a atravesar zonas pouco seguras e en ocasións quedan atrapados no lama xurdido tras as fortes chuvias. As tormentas tamén derrubaron latrinas no campamento, polo que agora só hai unha latrina para 350 persoas. Moitos dos aliados humanitarios de UNICEF tiveron que abandonar a zona debido á inseguridade.UNICEF mantén o seu persoal enBentiu e está a responder rapidamente ás necesidades urxentes da poboación afectada. Entre outras tarefas, a organización está a perforar a terra para construír novos pozos de auga e tamén está a colocar latrinas. Non obstante,UNICEF asegura que a falta de fondos e de acceso pon en perigo a realización destas tarefas.UNICEF continúa pedindo aos que ocupan postos de mando e liderado que manteñan os nenos fóra de perigo, e que garantan o acceso seguro dos traballadores humanitarios. Máis dun millón de persoas foron desprazadas polo conflito en Sudán do Sur.

Para facer un donativo ao Fondo de Emerxencias deUNICEF Comité Español:

https://www.unicef.es/cooperacion-internacional/donar-ong/hacer-donacion/fondo-de-emergencias

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]